Páxinas
CONTACONTOS
Páxinas
28 febreiro 2022
UN ENTROIDO NO LAVERDE CON MOITA ARTE
22 febreiro 2022
OBRADOIRO COA DIRECTORA DA BIBLIOTECA NODAL DE LUGO
Boas rapazada:
Hoxe tivemos un obradoiro na nosa biblioteca. Os afortunados foron os alumnos e alumnas de 5º. Este obradoiro consistíu nun encontro con Sabela, a directora da Biblioteca Nodal de Lugo, que asistíu á nosa escola para facer unha formación de usuarios, e explicalles como é a CDU, como se poden ler libros a través da plataforma GaliciaLe, ou como podemos ter acceso á Aula Planeta.
Foi un encontro moi interesante posto que despois de explicarnos Sabela,o alumnado tivo unha quenda para facer preguntas, e aprendemos moitisímo acerca dos libros e da rede.
Moitas grazas Sabela pola túa visita e agardemos que a vindeira poidamos facercha nós a ti para que nos ensines todos os recunchos da Biblioteca Nodal de Lugo.
E para que vexades o ben que o pasamos, aquí vos deixo unhas fotiños do encontro de hoxe.
Saúdos
Libeteca!
23 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA
17 febreiro 2022
TEMPO DE ENTROIDO
Ola rapazada:
Como vai todo? Xa sabedes que entroido está a piques de chegar e para ir abrindo boca, xa preparamos unha mesa temática para que saboreedes o pracer da lectura neste tempo de lecer.
Agardo vervos a todos por alí!!
E xa sabedes...Libeteca sempre á vosa disposción na biblioteca.
16 febreiro 2022
JOSEBA MURUZABAL NA ESCOLA
Boas rapazada:
Hoxe estou moi leda porque tivemos o pracer de ter na nosa escola a un grande artísta, un muralista que potencia ás mulleres, máis concretamente ás mulleres rurais. Facéndolles uns murais de grandes dimensións que se poden observar ao longo da xeografía española.
A rapazada gozou moitisimo da xuntanza, xa que primeiro Yoseba puxo un vídeo onde explica o seu traballo, e posteriormente chegou o momento de facer preguntas e o alumnado de 4º, 5º e 6º, participou dun xeito moi activo.
E xa para rematar o encontro fixémoslle un agasallo, un libriño agradecendo a súa visita e para que vexades o ben que o pasamos deíxovos aquí as fotografías da xornada.
Moitas grazas pola túa visita Yoseba e xa estamos desexando que volvas!!!
15 febreiro 2022
MANDATOS DO MECO
Boas rapazada:
Como xa sabedes o Entroido está a piques de chegar e aínda que este é o primeiro que vou pasar convosco, xa me contou Vermiño que é unha época do ano moi especial e divertida. Aquí vos deixo os mandatos do Meco para que poidades ir preparándovos.
E xa sabedes... Libeteca sempre á vosa disposción na biblioteca!!!!
14 febreiro 2022
AS NOVAS EN BIBLIOLIBETECA
Boas rapazada:
Aquí vos deixo unha copia da carta que vos deixe nas caixas do correo das aulas, por se queredes botarlle unha ollada dende as vosas casas!