Boas rapazada:
Como xa sabedes estamos a ultimar os detalliños deste curso dende bibliolibeteca xa vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o verán, para que as vaiades vendo con tempo e que así poidades gozar do placer da lectura.
Boas rapazada:
Como xa sabedes estamos a ultimar os detalliños deste curso dende bibliolibeteca xa vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o verán, para que as vaiades vendo con tempo e que así poidades gozar do placer da lectura.
Boas rapazada:
Como xa sabedes levamos traballando arreo no noso PDI: Persoas con capacidades diferentes e nesta ocasión preparamos unha presentación para que coñezades a Judi Scott, (1943–2005) foi unha recoñecida escultora estadounidense de arte téxtil que alcanzou fama mundial dentro do movemento de arte marxinal (Art Brut). Nada con síndrome de Down e unha xordeira profunda que non foi diagnosticada a tempo, pasou 36 anos da súa vida illada e internada nun hospital psiquiátrico despois de ser declarada "ineducable". A súa vida cambiou radicalmente cando a súa irmá xemelga, Joyce Scott, asumiu a súa tutela legal en 1985 e levouna a vivir a California.
Alí, Judith foi inscrita no Creative Growth Art Center de Oakland, un centro que apoia a persoas con dificultades de desenvolvemento a través da expresión artística. Foi neste taller onde descubriu a súa vocación espontánea e comezou a crear complexas e impactantes esculturas abstractas.
Na vindeira xornada de portas abertas temos preparado un obradoiro para que todos e todas nos poñamos na pel de Judy e intentemos facer esculturas semellantes ás súas. Atrevédesvos?
Boas rapazada:
Como xa sabedes o vindeiro martes día 19 de maio teremos unha das actividades máis esperadas de todo o curso, xa que terá lugar a nosa Xornada de Portas Abertas, na cal o alumnado de 6º de primaria, que estivo sendo Gardabiblio vos presentará o traballo realizado ao longo de todo o curso.
Aquí vos deixo un vídeo resumo do traballo que levamos realizado ata o de agora, e aínda queda o máis esperado ensinárvolo!!!!
Boas rapazada:
Como xa sabedes este curso as Letras Galegas adícanselle a Begoña Caamaño (Vigo, 14 de outubro de 1964 - Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014) foi unha salientable xornalista, escritora, feminista e activista política galega. E dende o Equipo de dinamización da Lingua galega prepararon uns xogos, uns vídeos e uns agasallos que estiveron á disposición de todo o alumnado do centro durante toda a semana na biblioteca, para que cada grupo, na hora que ten asignada fose co seu titor/a e aprendese dun modo lúdico sobre a figura homenaxeada.
Para por o colofón final, dende este equipo de Dinamización e ao abeiro do noso PDI: Persoas con capacidades diferentes, fixemos unha colaboración con Aspnais e preparararon uns bailes tradicionais, nos cales participaron diferentes membros da súa asociación e do noso alumnado. Foi unha actividade marabillosa para continuar a traballar a inclusión e a integración de todas as persoas que forman a nosa sociedade.
Boas rapazada:
Outra cousiña que fixemos ao longo do curso, e ao abeiro do noso PDI Persoas con Capacidades diferentes foron xogos inclusivos para que o noso alumnado fose empático e se puxese na pel das persoas que teñen algunha discapacidade.
Aquí vos deixamos un adianto para que vaiades vendo o que vos ides atopar na nosa xornada de portas abertas e... seredes quen de xogar?
Boas rapazada:
Como vai todo? Aquí seguimos ensinándovos cousiñas que fixemos ao longo de todo o curso, ao abeiro do noso PDI Persoas con Capacidades diferentes.
Nesta ocasión queremos amosarvos unha colaboración da que nos sentimos moi orgullosas xa é de grande axuda e utilidade para o alumnado TEA do noso centro. Este curso puxémonos en contacto con Raiolas, unha asociación de Lugo para nais,pais e persoas con trastorno do espectro autísta ( TEA) e facilitaronnos uns pictogramas para colocar por todo o noso centro e axudar á inclusión deste alumnado no centro.
Dende aquí queremos agradecer a súa colaboración a Raiolas, e deixarvos un pequeno vídeo para que o vexades. Cómpre sinalar que a música e a letra do vídeo foi realizada por un alumno de 6ºB de educación primaria.
Boas rapazada:
Como vos comentei na anterior entrada estámosvos a ensinar todos os traballiños que fostedes realizando ao longo do curso ao abeiro do PDI: Persoas con capacidades diferentes, e nesta ocasión tocalle as caixas informativas que elaboramos para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero ( 25 de novembro).
O traballo consistíu en que dende a biblio enviamos unha carta á caixa de correo de cada aula, na que lle dabamos un nome dunha muller fundamentalmente que está relacionada coa discapcidade dunha maneira ou outra, e dende cada aula tiñan que elaborar unha caixa informativa e cunha cabeza que poideramos colocar facilmente na súa parte superior.
A nosa intención é que todas as aulas fixen unha pescuda e selección de información para traballar a alfabetización informacional con todo o noso alumnado.
Velaiquí tedes o resultado!!
Boas rapazada:
Como xa sabedes durante todo o curso fomos facendo diferentes encomendas a todas as aulas, repartidas por meses. Agora, que estamos a piques de rematar o noso proxecto chegou o momento de recompilalas todas e ir ensinándovolas para que vos vaiades facendo boca dalgunhas cousiñas que ides ver na xornada de portas abertas o vindeiro martes día 19 de maio, pero... non pensedes que estes traballiños van ser o único que vexades xa que vos agardan moitas sorpresas.
Aquí vos deixo un vídeo resumo sobre un lapbook que fixemos en cada aula para traballar o concepto de discapacidade e os tipos de que existen. Ademais cómpre sinalar que o alumnado de 6ºB elaborou unhas cancións que empregamos como banda sonora.
Boas rapazada:
Como xa sabedes na II edición da Feira do libro tivemos uns reporteiros/as moi dicharacheiros/as e aquí vos deixamos un podcast cunha mínima parte de todo o material que temos das entrevistas realizadas polo alumnado nesa data. Moitas grazas tanto aos entrevistadores/as coma aos entrevistados/as xa que se eles o podcast non sería posible.
Boas rapazada:
Como xa sabedes este curso, ao abeiro do noso PDI fixemos moitas actividades, e agora co gaio da nosa xornada de portas abertas, estámosvos amosando pouco a pouco.
Unha das primeiras que levamos a cabo foi a creación dun cartel para darlle nome ao noso Proxecto: Persoas con capacidades diferentes, cada aula elaborou unha ou dúas letras e entre todos creamos un cartel diverso para tratar a temática que nos ocupa este curso.
Velaquí está o resultado:
Boas rapazada:
Como xa sabedes o pasado 17 de abril levamos a cabo a nosa II Feira do Libro e todo o centro preparou un audiolibro relacionado co noso PDI do curso Persoas con capacidades diferentes. Cada aula, agás as de tres anos que o fixeron de maneira conxunta, preparou un libro xigante e un audio elaborado polo alumnado, e despois fixemos unha exposición con todos eles.
Como podedes ver no seguinte vídeo, foron verdadeiras obras de arte!!
Boas rapazad:
Como xa sabedes o pasado cursi tivemos un dos eventos máis importantes para nós dende a biblioteca que foi a II Feira do Libro en colaboración co Concello de Outeiro de Rei.
Nesta ocasión deronse cita numerosos autores e autoras e realizamos diversos obradoiros, esto pódese ver no seguinte vídeo resumo que elaboramos para que poidades gozar deste evento, que unha vez máis foi todo un éxito e que xa estamos a pensar na seguinte edición.
Moitas grazas a todos e todas por participar e facer desta data un día moi especial!!
Boas rapazada: Como xa sabedes estamos a ultimar os detalliños deste curso dende bibliolibeteca xa vos deixamos as nosas recomendacións lec...