25 marzo 2025

I FEIRA DO LIBRO

 Boas rapazada:

Como xa sabedes levamos todo o curso preparando este gran acontecemento, que é para nós a I Feira do Libro, que levaremos a cabo en colaboración co Concello, e que terá lugar o vindeiro 22 de abril na praza do Concello.

Aquí vos deixo dúas cousiñas, por unha banda o cartel anunciador do evento realizado pola familia de Abril López Mallo, e por outra unha invitación resumo do que poderedes atopar no evento. 








Agardamos pasar con todos vós  un día inesquecible rodeados de libros e de lecturas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

 Boas rapazada: Como xa sabedes estamos a ultimar os detalliños deste curso dende bibliolibeteca xa vos deixamos as nosas recomendacións lec...