30 decembro 2021

VISITA DO APALPADOR

Boas rapazada: 
Esta semana tivemos a sorte de contar co Apalpador na nosa escola, que foi visitando cada unha das nosas aulas. Para que vexades o ben que o pasamos deixovos aquí un vídeo. 
Moitas grazas pola visita e bo Nadal para todos !



 Saúdos.

Libeteca

23 decembro 2021

COMO RESUMIR UN GRAN TRIMESTRE EN TRES MINUTOS

Boas rapazada: 
Aquí vos deixo un vídeo resumo do que deu de sí este primeiro trimestre, xa sabedes que estivemos traballando arreo, e foi moi difícil condensar todo en tan pouco tempo. 
Agardo que vos guste tanto coma a min. Parabéns por este trimestre e ímos a polo seguinte!!!


Saúdos
Libeteca
 

20 decembro 2021

CHEGOU O NADAL AO LAVERDE


Boas rapazada:

 Xa chegou o Nadal aos corredores do Laverde, e para que gocedes deles deíxovos aquí un vídeo a ver que vos parece. 
Non dubidedes en deixar o voso parecer nos comentarios. 

E xa sabedes, para calquera cousa Libeteca... sempre na Biblioteca!!!
 



12 decembro 2021

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS CAPACIDADES MÚLTIPLES

Boas rapazada: 
Como xa sabedes, o día 3 de decembro é o Día Internacional das Capacidades Múltiples e para continuar traballando a educación inclusiva levamos a cabo numerosas actividades que podedes ver de seguido na seguinte reportaxe. 
Parabéns polo traballo ben feito rapazada!!
Saúdiños, rapazada!
Libeteca









 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO INVERNO

Boas rapazada:                                                                                       Aquí vos deixo unhas recomendacións lectoras para que gocedes da lectura nestes días de frío inverno.

 

10 decembro 2021

CALENDARIO SOLIDARIO- ART FOR DENT

 Estimadas familias:

Dentro do Proxecto Documental Integrado ALIMENT-ARTE, o CEIP Laverde Ruíz participamos no calendario artístico e solidario en beneficio da Asociación Galega da Enfermidade de Dent. 

O noso centro deseñou o mes de decembro deste calendario. O prezo é de 5€, destinado 100% a esta doenza minoritaria.

Está dispoñible no cole. Podedes:

- Enviar os cartos a través do voso fillo/a e ese día xa leva o calendario.

- Presencialmente na aula de Audición e Linguaxe na planta baixa.

Animádevos a colaborar!



05 decembro 2021

VISITA DA ESCRITORA ANA MEILÁN

Boas rapazada:
Hoxe estamos de sorte, xa que contamos coa visita da escritora Ana Meilán na nosa biblioteca. A verdade foi unha experiencia marabillosa  e todos gozamos moito deste encontro. Para que o poidades comprobar aquí vos deixo un vídeo resumo do encontro. 
Agardo que vos guste tanto coma a min!!
Saúdiños, Libeteca!




 

04 decembro 2021

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER



Boas rapazada: 
 Como xa sabedes na escola celebramos o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, e para que vexades o que fixemos deixovos aquí o vídeo co que fixemos. 
Agardo que vos guste tanto coma a min!
Saúdos 
Libeteca



 

03 decembro 2021

OS TOPÓNIMOS DA NOSA TERRA

Boas rapazada: 
Como xa sabedes estivemos a celebrar o Día da Palabra,e para isto fixemos un traballo de investigación sobre os topónimos da nosa terra. E para que o vexades aquí vos deixo este vídeo resumo que agardo que vos guste tanto coma a min. 
Saúdos
Libeteca



 

ADORNAMOS A ÁRBORE DE NADAL

 ÁRBORE DE NADAL 

Seguindo o Proxecto Documental Integrado ALIMENT-ARTE, imos adornar a árbore de Nadal do colexio con adornos frutais. Aquí vos deixo as plantillas por se vos fan  falta.

Moitas gracias, coma sempre, pola vosa colaboración.  Data límite: 13 de decembro.

Plantillas das froitas (preme aquí)


01 decembro 2021

3 DE DECEMBRO: DÍA DA DISCAPACIDADE

 Boas rapazada: 

Como xa sabedes o día das múltiples capacidades está a piques de chegar e por isto de seguido presentámosvos dúas propostas para traballar o Día das Múltiples Capacidades:

 Por unha banda unha mesa temática con suxestións lectoras


 E por outra unhas curtametraxes para educar en valores e cooperación.

25 novembro 2021

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Boas rapazada:
 Como xa sabedes, o día 20 de novembro é o Día dos Dereitos da Infancia, e nós traballámolo dende a biblioteca, e para que vexades o que fixemos deixovos aquí un vídeo resumo. 
E xa sabedes para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca.


ALMMORZOS SAUDABLES PARA 1º E 2º DE E.P.

 O CEIP Laverde Ruíz, inmerso no Proxecto Documental Integrado ALIMENT-ARTE, celebrou o Día Mundial do Neno cun Almorzo Saudable para o alumnado de 1° e 2° de Educación Primaria. Deste xeito tan delicioso aprenderon que alimentos son imprescindibles nun almorzo para que sexa saudable: froita, froitos secos naturais, cacao puro, torrada con aceite e tomate, xamón serrano...

Esta actividade, patrocinada polo Concello de Outeiro de Rei, serviu para concienciar aos nenos/as do Dereito á Alimentación, ademais de potenciar a autonomía e o coidado do planeta evitando desperdiciar a comida.


01 novembro 2021

E Chegou o Samaín

 

Os de 5º B son terroríficos




3ºB dan moito medo!!!!










Os nenos e nenos de 3º A dan moito medo....
2ºA da moito medo



Os peques de 5º A de Infantil comeron terroríficamente ben

26 outubro 2021

Plantamos Herbas Aromáticas. Día da Alimentación

6ºB de Infantil escolleu Orégano

3ºA plantou PEREXIL porque están en todas as salsas!
4º DE INFANTIL TOMIÑO PLANTOU
5ºB escolleu a HERBA LUÍSA para aderezar a súa clase
4º A quedou co ENELDO
1º DE EP

12 outubro 2021

NA PESCUDA DA MASCOTA DA BIBLIOTECA..

@s nen@s  de 3ºA, demostraron unha vez máis que son uns artistas moi creativ@s. 
     Sorte nen@s!!!

SE EN OUTONO QUERS AVENTURAS, LÁNZATE Á LECTURA!

Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para este tempo outonal. Esperamos que sexan do voso agrado!!

03 outubro 2021

4ºB ENTREGA AS SÚAS MASCOTAS!

Boas rapazada:
Aquí vos deixo outras fotiños doutro grupo, neste caso os de 4º B,facendo entrega das súas mascotas para participar no concurso.
Moitas grazas e... sorte rapazada!

 
 
 
 
 
     

CONCURSO EN FAMILIA: BOOKFACE, CREAR ARTE COAS CARÁTULAS DOS LIBROS.

 Boas rapazada: Como xa sabedes este ano, para celebrar o día do Libro, no noso concurso en familia imos facer un BOOKFACE.  Nesta lapela vo...