Boas rapazada:
Hoxe traívos un reto que vai durar todo o curso. Queredes saber en que consiste?
Pois ben, como xa sabedes este curso, estamos a facer un PDI que versa sobre os diferentes países do mundo e que chamamos LIBETECA NA TÚA MALETA. O pasado día 24, día das Bibliotecas escolares cando pasei polas vosas aulas regaleivos un Libepasporte, onde aparecen todos os países que imos traballar nas aulas, para ir conseguindo pouco a pouco coñecer cada un deles de ir acadando o selo de todos e cada un dos países.
Para isto preparamos un reto, que consiste nunhas preguntiñas de cada un dos países, van estar durante nove días lectivos, é dicir os fines de semana e os festivos non contan,e cando acudades á biblio cos vosos mestres observaredes as preguntas e colleredes unha folla para respondelas, unha vez investiguedes as respostas deixarédelas nunha caixa de correo, e posteriormente cando as corrixamos pasará Elvira pola vosa clase para sellarvos o Libepasaporte, no caso de ter todas as respostas correctas.
É importante que esteades atentos e atentas ás datas posto que unha vez que cambiemsos de país... as respostas non serán válidas.
Así que atentos que ...COMEZAMOS!!! RETO DE ARXENTINA de SANDRA ÁALVAREZ ALONSO




.png)

Ningún comentario:
Publicar un comentario