Boas rapazada:
Como xa sabedes, estamos a traballar arreo, tendo moitas visitas, e ás veces as miñas axudantas informan á prensa e despois aparezco nos xornais. Nesta lapela ímosvos deixar as novas da biblioteca na prensa, para que todos poidades velas.
CURSO 2021-2022
Como xa sabedes este curso tivemos a sorte de contar coa nosa veciña e recoñecida artista Idoia Cuesta. Aquí vos deixamos unha foto na que saímos na prensa,en El Progreso, ao lado da nosa vimbioteca, que foi o resultado do obradoiro realizado co alumnado de cuarto.
O día 25 de febreiro tivemos a sorte de contar co persoal da Panadaría Ousá que asistíu á nosa escola para facer un obradoiro de roscas de Entroido co alumnado de infantil e de 1º de primaria. Ademais disto convidaron a todo o alumnado e ao profesorado da escola a orellas de Entroido, e fíxose eco desta nova El Progreso, tal e como se pode ver na seguinte fotografía.
O pasado día 11 de febreiro, tivemos a sorte de contar cunha visita de altura!! Xa que estiveron connosco dúas xogadoras do ensino para contarnos a importancia do deporte na saúde e contarnos as súas experiencias no mundo do baloncesto e nesta ocasión foi o xornal La Voz de Galicia o que fixo esta reportaxe.
Durante este curso, como xa sabedes, estamos a levar a cabo o P.D.I. AlimentArte, e para isto contamos coa colaboración do Concello de Outeiro de Rei, que nesta ocasión financiou os almorzos saudables para o alumnado de 1º e 2º, e o xornal da nosa cidade El Progreso, fíxose eco da nova.
Ningún comentario:
Publicar un comentario