29 marzo 2024

LIBETEQUEIROS VIAXEIROS

 Boas rapazada:

Como xa sabedes levamos un tempo recompilando fotos das vosas viaxes en familia para crear entre todos e todas o noso mural LIBETEQUEIROS VIAXEIROS, nel fomos colocando as fotos que nos fostedes achegando de diferentes lugares que estivestedes de visita, tanto na contorna máis próxima coma nas viaxes máis lonxanas e exóticas. 

Moitas grazas a todas e todos pola vosa participación e aquí vos deixo dúas fotiños dos nosos Libetequeiros Viaxeiros: 



A ver se sodes quen de atoparvos!!!!

Moitas grazas familias pola vosa participación.

Saúdos 

Libeteca!!!!

CHOCOLATE CON LETRAS

  Boas rapazada:

Como vai todo? Hoxe estou aquí para contarvos unha sorpresa que tivo lugar na biblio o pasado xoves día 21 de marzo.

 Como xa sabedes na biblio temos un clube de lectura para adultos (familias e mestres) que chamamos Café con Letras e que consiste en compartir un café comentando un libro previamente lido por todas as participantes.

 Pois ben, o alumnado de 4º A foi  tiña programada unha xuntanza para comentar o libro Vampira de Biblioteca de Ledicia Costas e cando chegaron á biblio tiñan todo preparado para compartir unha chocolatada cuns biscoitos, facendo unha adaptación do noso clube de lectura para adultos para noso alumnado, que nesta ocasión chamamos Chocolate con Letras.

A actividade foi todo un éxito xa que a todos se lles fixo moi curto, e despois da xuntanza fixeron un test onde o alumnado plasmou a súa opinión. Todos queren volver a ler, que ao fin e ao cabo era a finalidade da actividade  que se motivasen coa lectura e pasar un momento máis lúdico para rematar o trimestre.

Aquí vos deixo un pequeno vídeo resumo da actividade.

Agardo que esta actividade se volva  repetir e para iso... hai que ir pensando que libro podedes ler!!

E xa sabedes... Para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca!!!

21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA

 Boas rapazada:

Como vai todo? Como xa sabedes o pasado xoves, día 21 de marzo celebrase o Día Mundial da Poesía, e para isto no cole fixemos varias actividades, por unha banda elaboramos unha escolma entre os nosos fondos bibliográficos para colocar na nosa Xanela, e por outra  preparamos poemas tanto para o profesorado coma para o alumnado. 

Para o profesorado creamos un poema personalizado para cada un deles, e para o alumnado preparamos unha gaiola chea de poesía, eles foron á biblioteca e liberaron un poema, esto fixémolo en dúas quendas por unha banda para o alumnado de primaria e por outra para o de infantil modificando a dificultade dos textos e incluso adaptándoos con pictogramas para facilitar a súa comprensión.

Aquí vos deixo un pequeno vídeo resumo do noso Día da Poesía.

 Saúdos, Libeteca!!!


8 M

 Boas rapazada:

Como vai todo? Como xa sabedes o día 8 de marzo celebrase o Día Internacional da Muller, e nós dende a nosa escola e ao abeiro do noso PDI Libeteca na túa maleta decidimos que cada aula escollese unha muller importante do país que está a traballar e posteriormente elaborase a súa silueta en forma de photocall. 

Neste photocall, tamén había que dar a coñecer un chisco da vida da muller escollida e porque é ou foi importante e que logros acadou. 

Posteriormente o propio venres, día 8 de marzo o alumnado foi visitando todas as aulas para coñecelas a todas e sacar fotografías nas siluetas.

Aquí vos deixo un vídeo onde aparecen todas e cada unha das mulleres escollidas, agardo que vos guste e que aprendades  tantas cousiñas coma a min e xa sabedes ... para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca!!!





02 marzo 2024

LIBERRETO DE ESTADOS UNIDOS

 Ola rapazada: 

Como vai todo? Hoxe deixovos aquí o Liberreto destas xornadas, xa que na páxina onde publicamos todos os retos hai moitos e estase a complicar a cuestión de atopalos, así que, dende agora vouvolos deixar nas dúas partes, por unha banda na páxina correspondente ao Liberreto, e por outra nunha entrada para que así vos facilite atopalo. 

Grazas por participar tan activamente rapazada!!!


RETO DE ESTADOS UNIDOS de SANDRA ÁALVAREZ ALONSO

SEMANA DA PRENSA

Boas rapazada:
Como xa sabedes esta vindeira semana, ao do 4 ao 8 de marzo é a Semana da Prensa, e para isto preparamos dúas cousiñas.
Por unha banda fixemos unha réplica do despacho de Gerónimo Stilton á entrada da biblioteca, posto que como xa sabedes nos seus libros el é un xornalista que traballa no xornal " El eco del Roedor", e por outra banda preparamos unha exposición cunha morea de xornais de diferentes países do mundo, de emiratos árabes, de alemaña, de EEUU, de Portugal, de España, de Italia.... 
Para comprobar a procedencia dos xornais, as súas semellanzas e diferenzas debedes aproveitar a vosa hora semanal de biblioteca e así traballar e gozar desta Semana da Prensa. 
 O punto final desta celebración porémolo o venres coa visita do alumnado de 4º  á redación do xornal da nosa cidade, El Progreso.
 Aquí vos deixo unha fotiño para que vaiades abrindo boca!!!


CONCURSO EN FAMILIA: BOOKFACE, CREAR ARTE COAS CARÁTULAS DOS LIBROS.

 Boas rapazada: Como xa sabedes este ano, para celebrar o día do Libro, no noso concurso en familia imos facer un BOOKFACE.  Nesta lapela vo...