31 decembro 2022

OBRADOIROS DE NADAL

 Boas rapazada:

Como vai todo? Como xa sabedes na derradeira semana de cole realizamos un obradoiro de Nadal, e como tiñamos a biblio en obras realizámolo  por todas as aulas, e consistíu en realizar diferentes manualidades con todos e cada un dos cursos, tal e como podedes ver no seguinte vídeo.


Ademais desta iniciativa, tal e como podedes ver na nosa canle de Instagram, estamos a levara cabo a iniciativa dos LIBROQUILOS que consiste en intercambiar libros dos expurgados por quilos de comida que posteriormente entregaremos aos servizos sociais do concello, para entregarlle ás familias que o precisen da nosa contorna.



23 decembro 2022

CONTO DE NADAL EN INGLÉS

 Boas rapazada:

Hoxe traiovos un conto de Nadal que fixo a rapazada de 6ºA coa profe Sonia de inglés. Agardo que vos guste tanto coma a min.

Un saúdo e moitas grazas por este traballiño!!

Libeteca


02 decembro 2022

3 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

 Boas rapazada: 

Como xa sabedes o vindeiro sábado é o día da discapacidade, que é a capacidade extraordinaria de ser capaz.

Aquí vos deixo un Genially con moita información sobre as diferentes discapacidades e con varias actividades e retos para que poidades aprender moitas cousiñas. 

Agardo que vos guste e vos divirta tanto coma a min!!

E xa sabedes para calquera cousiña... Libeteca sempre na Biblioteca.

28 novembro 2022

25 N

 Ola rapazada:

Como xa sabedes o pasado venres foi o día 25 de novembro que è o Día Internacional contra a Violencia de Xènero, e nòs traballàmolo en cada unha das aulas elaborando un paraugas de cor violeta contra a violencia de xènero que posteriormente pasaron a formar parte do seguinte tendal.





Ademais deixovos aquí unha recomendación literaria para abordar este tema da violencia de xènero coa rapazada.



E XA SABEDES RAPAZADA QUE NESTA BIBLIOTECA DICIMOS NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!!


A CONTACONTOS ALBA VEU A NOSA BIBLIO

 Ola rapazada:

O pasado día 17 tivemos a sorte de contar na nosa biblio coa mestra Alba que veu contar un conto para o alumnado de tres anos, e que foi adaptado ao noso PDI SOStendo ao planeta.

Aquí vos deixo unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos.












MOITAS GRAZAS POR VIR ALBA!!!
SAÚDOS
LIBETECA


16 novembro 2022

O ALCALDE EXPLICANOS QUE É A BANDEIRA VERDE DO NOSO CONCELLO

Boas rapazada: 
Onte veu o alcalde ata a nosa escola e aproveitamos a visita para que lle explicase ao alumnado de 4ºB en que consiste a distinción coa bandeira verde que ten o noso Concello.
 Durante a Primavera imos levar a cabo actividades en conxunto para traballar de cara a sustentabilidade do planeta, pero comezando polo máis próximo que é a nosa contorna. 
Aquí vos deixo unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos co Alcalde.


Grazas pola visita. 
Un saúdo 
Libeteca

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º

 Boas rapazada:

Hoxe veño contarvos unha actividade que tivo lugar na biblioteca co alumnado de 5º e 6º, que versou sobre a ciberseguridade e os perigos da rede. 

Esta charla levouna a cabo Ramón que é un gardacivil que leva anos informando e formando á rapazada sobre estas cuestións tan importantes e que amosan tantos perigos para o noso alumnado. 

Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades que atentos estivemos no evento.






GRAZAS POR ASISTIR A NOSA BIBLIOLIBETECA.

SAÚDOS

LIBETECA

CHARLA DE SUSTENTABILIDADE PARA O ALUMNADO DE 3º

 Boas rapazada:

 O pasado martes día 15 de novembro tivemos a sorte de contar na biblio con Miguel, o pai do alumno Antón Fernández na biblioteca que é un experto sobre sustentabilidade e enerxías renovables. 

Grazas a esta charla aprenderon unha morea de cousas sobre a sustentabilidade, as enerxías renovables, os coches eléctricos, a biomasa, e sobre todo co beneficio de axudarlle ao planeta e de conseguir contaminar menos e coidar do medio ambiente. 

Esta charla esta enmarcada no PDI deste curso SOStendo ao planeta e foi un auténtico pracer tanto para o alumnado coma para o profesorado xa que aprendemos moreas de cousas e a rapazada amosouse moi interesada facendo numerosas preguntas e comentando as súas experiencias.






Moitas grazas Miguel, por asistir á nosa biblio para ensinarnos tantas cousiñas sobre as enerxías renovables e a sustentabilidade!!



NOVA VIDA PARA OS LIBROS DO EXPURGO

 Boas rapazada:

Como xa sabedes nos cursos anteriores fixemos un grande expurgo de libros, é dicir que quitamos libros que nos valían para estar na nosa biblio, ben por que xa tivesen moitos anos, porque non estivesen actualizados, porque non se adaptasen as vosas idades...

E agora queremos darlles unha nova vida, levando a cabo dúas iniciativas. 

Por unha banda o equipo de biblioteca preparou unha cesta chea de libros para que poidades levar de maneira totalmente gratuíta calquera membro da comunidade educativa, e que podedes atopar na entrada principal do cole. 

O único que tedes que facer é pasar polo cole e levar un libro e despois desfrutar do pracer da lectura nos vosos fogares. 

Aquí vos deixo a foto da cesta cos libros que temos estes días, pero apurade que voan!!!




E a outra iniciativa cos libros do expurgo tedes que permanecer atentos ao blogue e ao noso Instagram porque nos vindeiros días imos contárvola!!

E xa sabedes para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca!!

A XANELA

 Boas rapazada: 

Hoxe quérovos presentar A XANELA,esto é un muro que atoparedes na entrada da Bibliolibeteca e na que imos poñervos unha escolma de libros sobre diferentes temáticas, nesta ocasión temos libros sobre O OUTONO pero imos ir cambiandos nos vindeiros días. 

Sodes capaces de adiviñar cal será a nova temática da nosa xanela?





Temos que agradecerlle á familia de Andrea e Carolina Corujo por axudarnos a facer da Xanela unha realidade e por pasar o seu tempo mellorando a nosa biblio.

Moitas grazas familia!!

Saúdos

Libeteca

30 outubro 2022

CHEGOU O SAMAÍN

 Boas rapazada:

Como xa sabedes o pasado venres celebramos a festa máis terrorífica na escola, O SAMAÍN!! 



Nesta ocasión fixemos dúas actividades por unha banda para o alumnado de infantil tivemos OS CONTOS ÁS ESCURAS que foron todo un éxito, tal e como podedes ver nas seguintes imaxes:










E para o alumnado de primaria fixemos unha sesión de CINE TERRORÍFICO, por unha banda para o alumnado de 1º a 3º que viron Casper, e por outra para o alumnado de 4º a 6º que viron The Witches, que é unha versión do libro " As bruxas " de Roald Dahl.

Para poder acudir tiñamos que conseguir unha entrada, que tiña cinco ocos para perforar e para poder entrar necesitabamos ter un mínimo de tres.

 Esta actividade fixémola no salón de actos  e na porta estaba eu, Libeteca, para comprobar que estaba todo correcto.

Para que poidades ser participes desta actividade deixovos aquí unha escolma de fotografías:






                                           








Moitas grazas, por estes días tan divertidos, xa estou desexando voltar a aparecer e pasar outro anaquiño convosco. E xa sabedes... para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca.

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Boas rapazada:

Como vai todo?

Como xa sabedes, o pasado luns 24 de outubro foi o día das bibliotecas escolares e nós celebrámolo cunha sesión de maxia para todo o alumnado, a cargo do Mago David, que nos fixo unha sesión de maxia adaptada ao noso PDI. 

Tivemos tres quendas, a primeira para o alumnado de infantil, a segunda de 1º ata 3º de primaria e a restante de 4º ata 6º. Todos os pases comezaron cun vídeo para relacionar a actividade co noso PDI: SOStendo ao planeta,e de seguido dividiu a súa actuación en catro bloques,

1º BLOQUE: ECOLOXÍA: A regra das 3 R ( recicla, reduce e reutiliza)

2º BLOQUE: CONTAMINACIÓN DOS MARES E OCEÁNOS. Contaminación e as consecuencias.

3º BLOQUE: CAMBIO CLIMÁTICO.Aumento da temperatura no planeta e causa do efecto invernadoiro.

4º BLOQUE:SUSTENTABILIDADE DO PLANETA.

Cómpre contarvos que eu tiven a sorte de asistir persoalmente ao espectáculo e que me gustou moitísimo, xa que foi moi interesante e adecuado ao noso PDI.

Aquí vos deixo as imaxes para que vexades o ben que o pasamos.




CONCURSO EN FAMILIA: BOOKFACE, CREAR ARTE COAS CARÁTULAS DOS LIBROS.

 Boas rapazada: Como xa sabedes este ano, para celebrar o día do Libro, no noso concurso en familia imos facer un BOOKFACE.  Nesta lapela vo...