27 febreiro 2023

XIMCANA DOS ODS

 Boas rapazada:

Dende fai uns días estamos a preparar unha ximcana sobre os ODS. Esta actividade consiste na elaboración duns cartaces que fomos levando ás aulas para que o alumnado prepare esa información, cos lean, e que investiguen sobre os diferentes contidos, e despois, na hora que cada un dos grupos ten asinado para acudir á biblioteca será o día que se realice a ximcana.

Hoxe comezamos as quendas co alumnado de 3ºB que contestaron de maneira correcta 22 das 35 preguntas que tiñamos preparadas para eles. 

O alumnado foi dividido en grupos de catro, e ían collendo preguntas soltas e papel e buscaban as respostas e escribíanas, o alumnado estivo moi motivado e interesado na actividade.

Ao longo da semana iremos poñendo por aquí os resultados dos diferentes grupos, para saber cal é o grupo máis aplicado e que ten un maior número de acertos.



Continuamos recibindo grupos para xogar a nosa ximcana dos ODS, nesta ocasión recibimos ao alumnado de 3º A, que é un grupo de 21 alumnos/as e que seguiron a mesma dinámica ca o grupo anterior. Nesta ocasión, este grupo tivo 18 acertos.Pero o máis importante é o ben que o pasaron e o moito que aprenderon.



 Agora tocoulle a quenda ao alumnado de 5º A que acudíu á biblioteca para xogar a ximcana dos ODS e que pasou un anaco moi divertido e entretido aprendendo sobre os ODS!!


 O derradeiro grupo que participou, polo de agora na ximcana foi o grupo de 2º A que acudíu a biblio para pasar un intre divertido e lúdico no que aprenderon moitas cousas sobre os ODS a través do xogo.



23 febreiro 2023

CITA A CEGAS COA LECTURA

 Boas rapazada:

Hoxe estou moi contenta porque o pasado día 14 foi o Día do Amor e da Amizade,e por isto tiven unha cita con todos e cada un de vos. Foi unha CITA A CEGAS COA LECTURA e foi unha actividade que tivo dúas partes, por unha parte todo o alumnado recibíu un agasallo, que foi un libro expurgado da biblio que estaba envolto en papel de xornais e que non podiamos ver nada, de aí o no nome da cita a cegas, e por outra banda creamos uns murais cheos de sobres de cor vermella cos nomes de todo o alumnado e o profesorado e onde debiamos por unha mensaxe bonita, un debuxo, unhas palabras fermosas… a un compañeiro/a .

Aproveitamos esta actividade para traballar a lectura e para escribir a biblioteca escolar.



Agardo que vos gustase esta actividade tanto coma a min e que gozasedes moito deste Día do Amor e da Amizade!!!

15 febreiro 2023

CAFÉ CON LETRAS

 Boas rapazada:

Hoxe estou aquí para facerlle un convite ás familias, tratase dunha actividade que imos levar a cabo na nosa biblioteca, xa que imos facer UN CAFÉ CON LETRAS e isto consiste en compartir un anaco do noso tempo ao redor dun café e regado con letras e para isto aqueles que desexedes teredes que ler un libro, concretamente nesta ocasión imos ler UN BURKA POR AMOR de Monforte Reyes.

E posteriormente o martes día 7 de marzo xuntarémonos para compartir as nosas impresións.

Agardo que vos animedes a participar, e non vos esquezades de confirmar a vosa asistencia enviando unha mensaxe ao noso correo.

Un saúdo Libeteca.



14 febreiro 2023

VISITA DE PILAR LÓPEZ, UNHA MISIONEIRA DE MANS UNIDAS

 Boas rapazada:

O pasado venres 10 de febreiro o alumnado de 5º e 6º  tiveron a visita de Pilar López, unha misioneira que colabora con Mans Unidas en proxectos de sustentabilidade na República Dominicana.

Resaltou a labor de sacar aos nenos das rúas e ofrecerlles un lapis,un caderno e unha escola para poder ter un futuro mellor.

Tamén falou do problema da falla de auga e os proxectos de potabilización da mesma para as familias da zona. Todo relacionado cos ODS e a axenda 2039.


Quedou moi contenta polo interese amosado polos nenos e nenas e polas preguntas tan interesantes que lle fixeron.

Grazas Pilar por darlle visibilidade a esta realidade.







Saúdos 

Libeteca

03 febreiro 2023

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POESÍA E POSTAIS DE NADAL DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

 Boas rapazada:

Hoxe estou moi leda posto que onte foi a entrega de premios do concurso de poesía e de postais de Nadal organizada pola biblioteca Municipal do noso Concello. 

A verdade é que estou moi orgullosa de todos os participantes, xa que fostedes moitísimos os  que participastedes nos concursos, e sobre todo tan quero darlles os meus parabéns a todos os premiados,e agradecer ao Alcalde que nos adique o seu tempo e que lle regalase un libro a cada un dos participantes, xa que agora a miña rapazada poderá gozar do pracer da lectura.

Aquí vos deixo un vídeo que realizou a mestra de 2º Sonia para que poidades desfrutar e revivir connosco este momento.



Moitas grazas ao Concello pola  súa implicación coa nosa rapazada e Parabéns a todos e cada un dos participantes. 

Saúdos, Libeteca.

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA ESCOLAR


Boas rapazada:

Como vai todo? 

Como xa sabedes o luns foi o día 30 de xaneiro e nesta data é cando celebramos o Día da Paz e da Non Violencia Escolar. 

Para celebralo fixemos tres actividades, por unha banda fixemos unha andaina polo patio, e unha vez que todos os cursos se colocaron no seu sitio, fomos creando un mural colaborativo e ademais durante estas semanas o alumnado tivo que facer unha pescuda sobre unha persoa relevante que acadase un Premio Nobel da Paz e explicarlle ao resto do alumnado quen era o seu personaxe e cal foi o motivo de acadar dito distintivo, e puxemos o punto final cunha coreografía pola Paz.

Aquí vos deixo un video resumo desta actividade, para que vexades o ben que o pasamos  e canto gozamos facendo actividades todos xuntos.





Un saúdo, Libeteca

 

CONCURSO EN FAMILIA: BOOKFACE, CREAR ARTE COAS CARÁTULAS DOS LIBROS.

 Boas rapazada: Como xa sabedes este ano, para celebrar o día do Libro, no noso concurso en familia imos facer un BOOKFACE.  Nesta lapela vo...