21 xuño 2022

A HORTA DE INFANTIL DA OS SEUS FROITOS

 Boas rapazada:

Como xa vos contei noutra ocasión a rapazada de infantil creou un horto ao abeiro do noso PDI deste curso AlimentArte.

Depois de traballar arreo no seu horto a rapazada de 5ºB de infantil recolleu  as súas leitugas e posteriormente fixeron fotos con elas, ben sexa cociñándoas ou coméndoas!!!

Aquí vos deixo un vídeo onde podedes ver como desfrutan das súas leitugas. Parabéns rapazada!!!

Saúdos, Libeteca.



19 xuño 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Ola rapazada:
Como vai todo? Como xa sabedes o curso está a piques de rematar, e agora todos imos ter moito teempo de lecer, que podemos empregaar paraa ler. 
Aquí vos deixo unhas recomendacións lectoras para que vos servan de axuda á hora de mercar un libro.
Agardo que vos gusten  e que gocedes moito do verán, cun libro na man!!!
E xa sabedes... para calquera cousa Libeteca sempre na Biblioteeca.



13 xuño 2022

RESUMO DO CURSO

Boas rapazada:
Como xa sabedes este curso está chegando ao seu fin e despois de traballar arreo durante todo o ano fixémosvos un pequeno vídeo resumo onde quedan recollidas todas as actividades para que as teñades todas máis sinxelas de localizar e así poidades lembrar o P.D.I deste curso: AlimentArte!!!
Moitas grazas a todos pola vosa participación no proxecto…e preparàdevos porque xa estou argallando o seguinte coas miñas axudantas.
Saúdos
Libeteca



 

CONCURSO EN FAMILIA: BOOKFACE, CREAR ARTE COAS CARÁTULAS DOS LIBROS.

 Boas rapazada: Como xa sabedes este ano, para celebrar o día do Libro, no noso concurso en familia imos facer un BOOKFACE.  Nesta lapela vo...