27 abril 2022

SORBIÑOS DE LECTURA

 Boas rapazada:

Hoxe vouvos contar unha actividade chulisima que levaron a cabo os máis peques da escola, o alumnado de infantil celebrou o día do Libro , a través da actividade que vedes de seguido que consitiu en que o alumnado tiña que saber de que conto se trataba a partir dunahs pistas. Había dúas tarxetas unha que contiña unha frase do conto e a outra cun personaxe do conto ou cn debuxo que aparecía no conto.

En canto acertaban os contos ían aos contos e  baixábanos ao chan. Despois debían poñer o vasiño ou ao cubo onde estaba o sorbiño e ...Listo!!!

Pero como vale máis unha imaxe ca mil palabras, aquí van as fotos desta iniciativa tan orixinal! 













Parabéns por este gran traballo rapazada.

Saúdos 

Libeteca

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Boas rapazada:

Como vai todo?

Hoxe deron comezo os apadriñamentos lectores, o alumnado de 4ºB asistiu a infantil, concretamente ao alumnado de 5ºB para lerlles uns contos, a experiencia foi estupenda e a rapazada quedou tan contenta ue xa está desexando repetir aexperiencia. 

Nesta entrada imos deixar as fotos dos apadriñamentos que se vaian producindo ao longo da semana. 

Moitas grazas pola atención e a implicación do alumnado de hoxe. Aquí van as fotiños da xornada:



























Moitas grazas a todos, saúdos Libeteca

OBRADOIRO DE FLORES II

 Ola rapazada:

Hoxe foi o segundo día do noso obradoiro de flores. E foi a quenda do alumnado de cuarto. Fixemos unhas flores diferentes as de onte para coñecer diferentes técnicas e alternativas.

Aquí vos deixo as fotiños para que vexades o ven que o pasamos, e o ben que quedaron estas flores.







Saúdos Libeteca!!
 



26 abril 2022

OBRADOIRO DE FLORES

 Boas rapazada:

Como xa sabedes estamos a levar a cabo un obradoiro de flores durante s bibliorecreos. Hoxe foi a quenda do alumnado de 3º e tivemos nin máis nin menos ca vintetres alumnos/as facéndoas. A verdade que foi todo un éxito, e querían facer máis cousas… teremos que ir pensando noutro obradoiro jejej.

Para que vexades o resultado aquí vos deixo as fotiños da xornada.






MOITAS GRAZAS RAPAZADA POR PASAR O VOSO TEMPO DE LECER NA BIBLIO!!!
Saúdos, Libeteca


25 abril 2022

SEMANA DO LIBRO

 Boas rapazada: 

Como vai todo? como xa sabededes o pasado sábado día 23 de abril foi o día do libro. 

Pero... sabedes porque se celebra nesta data? 

Pois resulta que é porque nesa data o 23 de abril morreron dous grandes da literatura universal, por unha banda Miguel de Cervantes que é o español autor do Quixote da Mancha e por outra William Shakespeare que é o autor entre outras obras de Romeo e Xulieta. 

Dende o ano 1995 decidiuse por esta data coma o día Internacional do Libro e tamén coincide no mesmo día co patrón de Cataluña que é o San Jordi, no cal é unha tradición agasarllar un libro e unha rosa. 

Unha vez sabido isto gustaríame comentarvos como o imos celebrar na nosa biblioteca. Imos facer tres actividades nas cales podedes participar con caracter voluntario en calquera delas, e todas ou ningunha. 

As actividades están explicadas de seguido no seguinte vídeo e son: intercambio de marcapáxinas entre o alumnado de diferentes aulas, asistencia ao obradoiro de flores que se levará a cabo durante os bibliorecreos da semana e por último os apadriñamentos lectores, que consisten en que o alumnado maior le ao alumnado máis pequeno da escola.

E para por punto e final á semana do Libro temos o grande pracer de contar con Idoia Cuesta que vai acudir ao centro para facer nin máis nin menos que unha VIMBIOTECA. 
Ocórresevos unha mellor maneira de rematar esta semana ?
Agardo vervos a todos vós gozar das actividades que vos temos preparadas. 


E xa sabedes... para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca. 


19 abril 2022

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 Boas a todos e todas:

  Hoxe estou moi leda ,xa que como xa sabedes, esta tarde estiven convosco xa que tivemos a primeira xornada de portas abertas para dar a coñecer ás familias o traballo realizado ao abeiro do noso P.D.I. que como vos contei numerosas veces versa a través da alimentación e da arte, e de aí saíu AlimentArte. 

Gustaríame agradecervos a todos a vosa presenza na escola para gozar do traballo realizado polo alumnado do centro, e por acudir ao centro tantas familias, xa que pasamos das cen persoas que asistiron á visita a pesar de que o horario sabemos que non é o máis axeitado para poder acudir por motivos laborais. Por este motivo estou moi agradecida a todos vós!!!

Aquí vos vou deixar varias cousiñas. 

Por unha banda as fotografías da xornada, e por outra un muro onde veredes as opinións de aquelas persoas que as depositaron na caixa do correo que se atopaba na entrada. 

FOTOGRAFÍAS DA XORNADA:

 













































MURO DE OPINIÓNS: 

Aquí vos deixo as opinións que recollemos do buzón, se algunha persoa que asitíu á visita quere engadir a súa que non dubide en facelo!!!

               

Hecho con Padlet

MOITAS GRAZAS POR TODO, SAÚDIÑOS LIBETECA!!

CONCURSO EN FAMILIA: BOOKFACE, CREAR ARTE COAS CARÁTULAS DOS LIBROS.

 Boas rapazada: Como xa sabedes este ano, para celebrar o día do Libro, no noso concurso en familia imos facer un BOOKFACE.  Nesta lapela vo...