31 marzo 2022

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE DE LARSA

 Bo día rapazada: 

Como estamos? Hoxe estou aquí para comentarvos que o pasado luns día 28 tivemos un obradoiro dentro do P.D.I. deste curso AlimentArte tivemos a sorte de contar cunha empresa da contorna Larsa, que como xa sabedes adicase ao sector dos lácteos. Foi dirixida para o alumnado de 4º, conectámonos a través de teams por unha videoconferencia e posteriormente degustamos un iogur pola súa xentileza. 

Aquí vos deixo as fotiños do obradoiro. 







Moitas grazas pola vosa xentileza Larsa. 

Un saúdo 

Libeteca

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE TORRE DE NÚÑEZ

 Boas rapazada: 

Hoxe estou aquí para comentarvos que tivemos na nosa biblio un obradoiro de alimentación saúdable que foi a cargo da empresa de productos cárnicos Torre de Núñez, que é unha empresa da nosa cidade con máis de cincuenta anos de idade.

Aquí vos deixamos a presentación tan interesante que lle puxeron ao noso alumnado, neste caso o agraciado con este obradoiro foi o alumnado de 6º de primaria.



Unha vez que rematou a presentación a cargo de Isabel e de Inés, por parte da empresa tivemos a sorte de gozar dunha degustación dos seus produtos pola súa xentileza.


Dede aquí agradecerlles a súa visita, o seu tempo e todas as cousiñas que aprendemos hoxe. Ademais  por suposto polos produtos tan saborosos que puidemos gozar na nosa biblio. 

Aquí vos deixamos a fotografías do evento do día de hoxe. 

                 







Moitas grazas por todo rapazas, e xa sabedes onde tedes a vosa biblio,  e a próxima visita non vos esquezades de traer ao voso amigo Fociños!

Saúdos Libeteca

25 marzo 2022

PRIMAVERA NO LAVERDE

 Boas rapazada:

Como xa sabedes esta semana estreamos unha nova estación, a primavera! E nesta época énchese todo de vida, florecen  os campos e enchensen de flores e de cores. E para eso as miñas axudantes prepararon unha mesa temática cuns libros moi interesantees que subirei nos próximos días xa que ainda está sen rematar.

Pero o que vos quero amosar hoxe éun bambán que pendura no corredor da escola. 



Sacamos a idea dun escaparate da libraría Brétema de San Sadurniño onde o autor Jordi Cicely presenta o seu libro para adultos “Mariela envenena mis sueños” tivemos a sorte de poder facerlle chegar a foto do noso bambán e el fíxose eco da nova. Estamos moi agradecidas polas túas verbas!!! Moitas grazas, e se algún día de decantas por escribir libros para a rapazada xa sabes onde te estaremos agardando!!!

Aquí vos deixamos as súas verbas, para que o comprobedes de primeira man.


Hoxe tivemos a sorte de comprobar que o escritor Jordi Cicely colgou o noso bambàn nas súas redes sociais, aquí vos deixo a imaxe para que poidades comprobar as verbas tan fermosas que nos adican.



Grazas por todo Jordi, saúdos de Libeteca

22 marzo 2022

AGASALLOS DAS FAMILIAS

Boas rapazada:

Hoxe estou moi leda, porque esta mañá recibimos no cole un agasallo por parte dunha familia colaboradora do comedor, que nos mercou estas cousiñas para incorporar á nosa colección de libros e xogos.  

Moitas grazas por este agasallo e estou segura de que o noso alumnado gozará moito destas novas adquisicións.

Saúdos, Libeteca!!



16 marzo 2022

ALMORZOS SAUDABLES PARA 5º E 6º

 Boas rapazada:

Como xa sabedes ao longo do curso, e dentro do noso P.D.I. AlimentArte tivemos unha serie de almorzos saudables, financiados polo Concello, nesta ocasión, e para por punto e final tocoulle a quenda ao alumnado de 5º e 6º. 

Aquí vos deixo as fotiños desta actividade que tanto lle gustou ao noso alumnado, dende aquí agradecer a súa colaboración ao Concello, e ao alcalde por vir visitarnos e comprobar de primeira man como gozamos almorzando todos xuntos de maneira saudable.















Saúdos Libeteca






14 marzo 2022

POÑENDO PUNTO FINAL Á SEMANA DA PRENSA

Boas rapazada: 

Como xa sabedes esta semana foi a semana da prensa, e para poñer punto final hoxe tivemos a sorte de contar con tres mulleres moi interesantes, na nosa escola, por unha banda Encarna a xerente da rede museística de Lugo que nos explicou o seu proxecto Culturas en Diálogo, dende aquí recoméndovos a aqueles que poidades pasar polo Museo Provincial de Lugo, ben sexa a través da web cunha visita virtual, ou pasando polo museo para que as poidades ver en directo.  Subimos aquí un pequeno vídeo resumo da presentación de Encarna,ademais tamén vos achego as imaxes do seu Facebook onde se fan eco da nosa exposición.









Por outra banda tivemos a sorte de contar con Nellie Bly e Elizabeth Bisland. Nellie Bly foi unha xornalista que baseándose no libro de Julio Verne de "La vuelta al mundo en 80 Días" quixo dar a volta ao mundo en menos tempo, e conseguíno facer en 72, e Elizabeth que tamén estivo na nosa escola, falando un perfecto inglés, foi outra xornalista que enviara outro periódico para conseguir ela a fazaña pero non foi quen de ganarlle!!.

Aquí vos deixo un pequeno vídeo de agradecemento a Fefa e a Ana por acudir dende Nadela para darnos a coñecer a estas dúas xornalistas na semana da prensa e do 8M.



Moitas grazas por todo e xa sabedes para calquera cousa Libeteca... sempre na Biblioteca!!

07 marzo 2022

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

 Boas rapazada: 

 Como xa sabedes o martes día 8 de marzo é o día da Muller, e dende a biblioteca estamos a facer varias actividades, por unha banda estamos a investigar en todas e cada unha das aulas sobre as mulleres migrantes que houbo na nosa contorna, e posteriormente enviamos unha ficha de investigación, e preparamos unha exposición no corredor do primeiro piso, ao carón da biblioteca. Esta actividade estamos a facela en colaboración coa rede museística de Lugo, e teremos a sorte de contar coa xerente da rede museística provincial, responsable do Museo Provincial de Lugo, do Pazo de Tor, do Museo Provincial do Mar e do Museo de San Paio de Narla para que vexa o noso traballiño e para que nos explique a exposición que están a levar a cabo no Museo Provincial de Lugo, baixo o mesmo lema.

Estades todos convidados para ir visitala!!!Agardamos que vos guste moitisímo porque a verdade hai cousas moi interesantes que ver!

Aquí vos deixo as fotos para que a poidades ir vendo:















Ademais desta exposición tamén estamos a facer unha homenaxe a diferentes mulleres en colaboración co colexio de Nadela, nós homenaxeamos a unha cociñeira de Palas de Rei que se chama María Varela, e para isto preparamos un vídeo homenaxe que se pode ver de seguido, e eles están a preparar unha homenaxe de Nellie Bly que foi unha xornalista moi interesante  e que o alumnado de 4º terá  a sorte de recibir da man de Fefa, a coordinadora da biblioteca de Nadela o vindeiro venres.

Aquí deixamos a nosa particular homenaxe para María Varela:



E xa sabedes para calquera cousa Libeteca....sempre na Biblioteca!




06 marzo 2022

OBRADOIRO DE CROQUETAS POR XENTILEZA DE PATATOTAS

Boas rapazada:
Como vai todo? Agardo que colledesedes folgos nestes días de Entroido e que veñades a tope de enerxía para encarar o derradeiro tramo deste trimestre. 
Nós dende a Bibliolibeteca, seguimos cos obradoiros para traballar a alimentación saudable, e nesta ocasión foron os de Patatotas os que viñeron á escola para ensinarlle ao alumnado de 3º como se fan as croquetas, ensinarlle o pocedemento, as características alimenticias deste producto... e posteriormente tal e como podedes ver no seguinte vídeo tivemos tempo para unha degustación.
Agardo que vos guste tanto coma ao alumnado que tivo a sorte de participar neste obradoiro. 
Dende aquí queremos agradecer a súa participación desinteresada ao persoal de Patatotas, posto que acudiron dunha maneira totalmente altruista para dar a coñecer o seu traballo entre o noso alumnado. 
Moitas grazas Patatotas!!!
Saúdos 
Libeteca





 

02 marzo 2022

OBRADOIRO DE ROSCAS POR XENTILEZA DA PANADARÍA OUSÁ.

Boas rapazada: 
Como vai todo? Hoxe estou moi leda e moi agradecida, posto que que tivemos a sorte de contar coa Panadaría Ousá que veu a nosa escola, para levar a cabo un obradoiro de roscas de Entroido, co alumnado de infantil e de 1º de primaria. 
Ademais disto os responsables da panadaría agasallaron ao resto do alumnado e ao profesorado con outro doce típico destas datas, as orellas. 
Para que vexades o ben que o pasamos e canto aprendemos, deíxovos  por unha banda unhas fotografías do alumnado de infantil e por outro un vídeo do alumnado de 1º.
 Moitas grazas ao persoal da panadaría por vir a nosa escola, e xa sabedes que estades convidados a voltar cando queirades. 
 E xa sabedes para calquera cousa... Libeteca sempre na biblioteca!!


CONCURSO EN FAMILIA: BOOKFACE, CREAR ARTE COAS CARÁTULAS DOS LIBROS.

 Boas rapazada: Como xa sabedes este ano, para celebrar o día do Libro, no noso concurso en familia imos facer un BOOKFACE.  Nesta lapela vo...