21 maio 2022

TRABALLANDO O CAMIÑO DE SANTIAGO CO ALUMNADO DO CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO

 Boas rapazada:

Hoxe o alumnado de 4ºB está moi ledo, posto que estiveron a traballar e investigar sobre o camiño de Santiago, e hoxe recibiron unha carta da coordinadora da biblioteca do colexio Álvaro Cunqueiro, no que chegaron uns marcapáxinas sobre o Camiño, que é o proxecto que están a traballar durante este curso.

Unha vez recibida a carta, pediannos que fixesemos unha foto con el en algún punto do Camiño, e aquí imos ir deixando as fotos que nos vaian chegando.

É un pracer compartir experiencias con outros coles. Moitas grazas aos compañeiros/as por contar con nós para esta actividade!!!

                                        







                                                            

                                                                

Grazas rapazada!!

Saúdiños Libeteca

OS XOGOS DAS LETRAS GALEGAS

 Boas rapazada:

Como xa sabedes, o pasado martes foi o día das Letras Galegas, este ano o autor homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán, e depois de estar traballando dende as aulas a este poeta ouresán, os diferentes grupos de primaria foron acudindo por quendas á biblioteca onde os esperaban uns xogos sobre o autor.

Aquí vos deixamos as fotos disfrutando destes xogos tan entretidos e interesantes.

Grazas pola vosa participación e implicación rapazada!!

                                










Saúdos 

Libeteca

DESCUBRINDO AS MALETAS VIAXEIRAS

 Boas rapazada:

Hoxe estivo un grupo na biblioteca descubrindo a maleta viaxeira que vei do cole de Nadela, e cubrindo o caderno viaxeiro. 

Aquí vos deixo unhas fotiños para que vexades que ben o pasaron, e canto gozaron descubrindo os novos libros.








                                 


SAÚDOS, LIBETECA

04 maio 2022

INTERCAMBIO DE MALETAS VIAXEIRAS

 Boas razapada:

Hoxe teño que contarvos unha novidade que temos na biblioteca,veu ata a biblio Fefa, a coordinadora da biblioteca de Nadela, e trouxo unha maleta viaxeira chea de libros, de aventuras e de historias marabillosas, para compartir co noso alumnado, e unha das miñas axundantes do equipo da biblioteca, Elvira fixolle a entrega da nosa libemaleta. 

Durante este mes de maio, teremos as maletas cambiadas,para que o alumnado de ambos colexios poidan  gozar deste intercambio.Aquí vos deixo as fotos do intercambio:







Moitas grazas ás dúas por este intercambio. 

Saúdiños 

Libeteca

A VIMBIOTECA

 Boas rapazada:

Como vai todo? Como xa sabedes, o pasado venres día  29 de abril tivemos a sorte de contar na nosa escola cunha artísta da contorna. Ela é unha artesá que ten o seu obradoiro en Outeiro de Rei, e acudiu a nosa escola acompañada do seu axudante Xosé para realizar co noso alumnado un obradoiro de vimbio, ela é nin máis nin menos que IDIOIA CUESTA.

Estamos moi agradecidos de poder contar con ela na nosa escola e do agasallo tan grande que nos fixo ao realizar a Vimbioteca, para que a nosa rapazada poida desfrutar do pracer da lectura nun ambiente inmellorable. 

Dende aquí querémoslle dar as grazas a Idioia, por facer un oco para achegarse a nosa escola e por agasallarnos co seu talento. 

Aquí vos deixo unha foto coa súa creación e de seguido un pequeniño vídeo do obradoiro realizado. Agardo que valoredes como se merece este gran obradoiro e a nosa vimbioteca!!





MOITAS GRAZAS POR TODO, E XA SABEDES PARA CALQUERA COUSA ...LIBETECA SEMPRE NA BIBLIOTECA!!

A HORTA DO LAVERDE

 Boas rapazada:

Hoxe estou moi leda posto que xa fai un tempiño que a rapaza máis miúda da escola está preparando a hortiña no patio da escola. É unha actividade para o alumnado xa que observan como é o proceso dende a plantación ata a recollida dos froitos.

Para que observedes o ben que o pasa o noso alumnado de infantil aquí vos deixo unhas fotiños:


Agardo que vos guste tanto coma a min!!!
Saúdos, Libeteca


CONCURSO EN FAMILIA: BOOKFACE, CREAR ARTE COAS CARÁTULAS DOS LIBROS.

 Boas rapazada: Como xa sabedes este ano, para celebrar o día do Libro, no noso concurso en familia imos facer un BOOKFACE.  Nesta lapela vo...