Nesta lapela imos ir deixando a pegada de todas as visitas que iremos tendo na nosa Libeteca.
O NOSO LIBRO DE VISITAS:
AS LIBEVISITAS
CURSO 2021-2022
No mes de xuño tivemos a sorte de contar con Roberto Bande que é o pai de Roi de 3ºA e que traballa coma arqueológo no Concello, a xornada foi moi interesante e produtiva xa que nos ensinou moitas cousiñas do seu traballo,e foi unha maneira moi lúdica de aprender historia.Moitas grazas Roberto!!!
Nesta ocasión tivemos a visita dun pai e dun avó dunha alumna de 3º A de primaria que viñeron contarnos a vida dos romanos dende a súa experiencia coma romanos no Arde Lucus. Nesta ocasión o alumnado benificiado foi o de 3º e o de 4º.Moitas grazas pola vosa visita!!
Hoxe tivemos na nosa biblio, nin máis nin menos que a mesmisima dobre de Yayoi Kusama, que nos contou a súa historia. O afortunado nesta ocasión foi o alumnado de 5ºB de infantil.
Nesta ocasión tivemos unha visita moi especial. Estivo connosco Idoia Cuesta e o seu axudante, que viñeron á escola para facer un obradoiro de vimbio co alumnado de 4º de primaria, ela fixo unha vimbioteca tal é como se pode ver na nosa Libeteca.
Este curso estivemos traballando o noso PDI de AlimentArte e realizamos varios obradoiros con empresas da contorna e hoxe tocoulle a quenda á Torre de Núñez que nos deron unha charla sobre os seus productos e a súa elaboración e rematamos cunha degustación para o alumnado de 6º. Moitas grazas a Isa e a Inés por vir á nosa biblio.
Coma cada curso dende a área de educación física practicamos piragüísmo, e nesta ocasión deronnos unha charla e posteriormente teremos unha sesión práctica no río.Moitas grazas polas vosas verbas e vémonos no río!
Para rematar a semana da prensa tivemos a sorte de contar con NellY Bly que foi unha xornalista que deu unha volta ao mundo,e veu acompañada por Elizabeth Bisland que foi outra muller que deu a volta ao mundo no sentido contrario. Moitas grazas as dobres de Nellie e de Elisabeth chegadas dende o colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela.
Para celebrar o día da Muller, dende a escola elaboramos unha exposición sobre Mulleres Migrantes e veu inaugurala Encarna Lago que é a encargada da Rede Museística de Lugo. Para nós foi un pracer contar con ela na nosa biblioteca. Moitas grazas pola túa visita Encarna!!
Ao abeiro do PDI deste curso que versa sobre AlimentArte tivemos varios obradoiros de alimentación e nesta ocasión contamos coa colaboración de Patatotas que veu facer croquetas co alumnado de 3º. Moitas grazas pola vosa colaboración!!
Seguimos cos obradoiros de alimentación e coas degustacións no noso centro, nesta ocasión contamos cun obradoiro de roscas dirixido pola Panadaría Ousá e que foi para o alumnado de infantil e de 1º de primaria, que cada quen levou a súa rosca para a casa. E posteriormente obsequiaronnos a todo o colexio con orellas de Entroido. Foi un pracer e estaba todo boisimo. Moitas grazas pola vosa colaboración!!
Este ano a nosa biblioteca sufríu unha remodelación moi grande,comezamos a empregar a CDU ( Catalogación Decimal Universal) e organizamos a biblioteca, contando cuns voluntarios de 5º e 6º, e precisamente para facer unha sesión de formación de usuarios contamos na Biblio coa directora da Biblioteca Nodal de Lugo que lle deu unha charla ao alumnado de 5º. Moitas grazas por vir a nosa biblio!!
Nesta ocasión tivemos con nós a un grande artista urbán e actual que é moi recoñecido, entre outras cousas por realizar murais xigantes nos muros das cidades, sobre todo de mulleres rurais. El é Joseba Muruzabal e veu á nosa escola para falar coa rapazada de 4º, 5º e 6º. Foi un auténtico pracer, primeiro pola conversa e polo coloquio que tivo co noso alumnado e segundo porque non é habitual que asista aos centros educativos, e por iste motivo valoramos aínda máis que nos fixese un oco na súa axenda e que viñese á escola. Moitas grazas Joseba e volve cando queiras!!
Hoxe tivemos no cole ao Alcalde que veu para presenciar a actividade dos Almorzos saudables finaciada polo Concello para que o noso alumnado comparta un almorzo e que aprenda o que debemos comer para manternos sáns e fortes.Moitas grazas por vir vernos!!
VISITA DO ENSINO DURÁN MAQUINARIA ENSINO
Moitas grazas a Laura Aliaga a Georgina Bahí e ao seu adestrador Ferrán Varela por visitar ao noso alumnado e polo convite para o seu seguinte partido.
Moita sorte para a vosa tempada rapazas!!!
VISITA DO APALPADOR
Este Nadal tivemos unha visita moi especial, como ides ver no seguinte vídeo, contamos nas nosas aulas co mesmisímo apalpador. Botádelle unha ollada ao vídeo e comprobade vós mesmos como gozamos.
Grazas Apalpador e non te esquezas de voltar visitarnos o vindeiro curso!!!
VISITA DA ESCRITORA ANA MEILÁN
Estreamos as visitas deste curso e como non podía ser doutra maneira,fixémolo cunha persoa moi especial, xa que tivemos o gusto de contar cunha autora que nos gusta moito e coa que gozamos do pracer da lectura.Estamos a falar da escritora Ana Meilán, e como podedes ver no seguinte vídeo foi todo un éxito.
Moitas grazas pola túa visita!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario