I FEIRA DO LIBRO

 Boas rapazada: 

Este curso temos unha novidade que nos enche de ilusión. Imos realizar en colaboración co Concello a I Feira do Libro, e será o día 22 de Abril na praza do Concello. 

Teremos varios autores, magos, librarías, obradoiros, exposicións.... 

A Feira estará aberta en horario de 10.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 19.00 o pase será de balde e poderedes asisitir durante toda a xornada. Cómpre sinalar que pola mañá asistirá todo o alumnado do centro polo que vai estar máis concurrido pero... pola tarde podedes asistir cos vosos fillos e fillas durante todo o tempo que queirades. 

Aquí vos deixo o cartel gañador do concurso en Familia e que será o encargado de anunciar tal evento:


Aquí vos deixo a invitación ao evento, para que teñades unha idea do que vos ides atopar pero... teremos moitas sorpresiñas que non vos desvelaremos polo momento!!!


 AQUI VOS VOU IR DEIXANDO AS PERSOAS CONFIRMADAS PARA O NOSO EVENTO:

ANA MEILÁN

ANXO MOURE

MARÍA CANOSA

TOÑO NÚÑEZ

 O MAGO DAVID

PERMANECEDE ATENTOS A TODAS AS NOVIDADES PARA ESTAR BEN INFORMADOS/AS SOBRE A NOSA I FEIRA DO LIBRO, QUE AGARDAMOS SEXA  A PRIMEIRA DE MOITAS....

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OBRADOIRO DE TEATRO CON PALOMA LUJILDE

Boas rapazada: Hoxe teño que desculparme convosco, creo que me vou facendo maior e me vai fallando a memoria, xa que agora estaba repasando ...