Boas rapazada:
Neste curso 2025-2026, estamos moi ledas porque, como pasou o curso pasado estades amosando moito interese no noso clube de lectura e debido a isto temos que facer dúas quendas.
Na nosa primeira xuntanza, imos ler un libro de Antía Yáñez, Misterio en Portomarín, xa que é unha das autoras que imos contar con ela na nosa II Feira do Libro e cremos interesante ler libros dos autores e autoras que nos van visitar,en ambos clubes de lectura tanto no infantil coma no de adultos.
Nesta lapela, coma sempre, iremos deixando toda a información do club de lectura, e para comezar vouvos deixar as fotos das pistas que fomos deixando nas aulas de 5º e 6º para que adiviñasen o título da nosa lectura.
Aquí vos deixamos o cartel resumo do lectura escollida, e as datas para cada unha das quendas.
CURSO 2024-2025
Nesta lapela imos ir deixando toda a información do clube de lectura para o alumnado de 5º e 6º de primaria.
O primeiro darvos as grazas polo interese amosado, e dicirvos que de tantos que vos anotástedes tivemos que facer dous grupos, xa que doutra maneira non sería operativo e non poderiamos participar todos e todas da maneira que nos gustaría.
TERCEIRA XUNTANZA
Coma sempre fixemos unha pequena xuntanza para escoller a nosa vindeira lectura. Aquí vos deixo a presentación cos enlaces a todos os libros para que os teñades se vos apetece telos en conta para as vosas futuras lecturas.





.png)


.png)






Ningún comentario:
Publicar un comentario