20 xaneiro 2022

AS CAIXAS DO CORREO DE LIBETECA

Boas rapazada: 
Me imaxino que xa vos decatastedes pero nas portas das vosas aulas tedes á vosa disposición unha caixa do correo, e debedes ficar atentos, posto que aí é onde vos vou ir deixando todas as novidades e os encarguiños polo medio das miñas cartiñas. 
Agardo que vos guste e que vos faga tanta ilusión recibir as cartas coma a min escribirvolas!!!



 

SUXERENCIAS LECTORAS DÍA DA PAZ

 Boas rapazada: 

Xa podedes achegarvos pola biblioteca, para poder gozar das suxerencias lectoras para o Día da Paz. 

Seredes quen de lelos todos???

Saúdos Libeteca


17 xaneiro 2022

GRAZAS A TODOS!!

Boas rapazada: 

Hoxe estou aquí para dárvolas grazas pola vosa colaboración na venda do calendario solidario e recadamos entre todos 1005 euros. 

Moitas grazas a todos !!!

Saúdos, Libeteca


12 xaneiro 2022

SUXESTIÓNS LECTORAS DO INVERNO

Boas rapazada: 

Xa temos preparadas as suxestións do inverno, pasade pola biblioteca para vela, e gozar de todos e cada un dos nosos libriños!

E xa sabedes... para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca!!



CONCURSO EN FAMILIA: BOOKFACE, CREAR ARTE COAS CARÁTULAS DOS LIBROS.

 Boas rapazada: Como xa sabedes este ano, para celebrar o día do Libro, no noso concurso en familia imos facer un BOOKFACE.  Nesta lapela vo...