22 febreiro 2024

DÍA DE ROSALÍA

Boas rapazada!!!
Hoxe estou aquí para celebrar o Día de Rosalía, a  poetisa máis importante que houbo en Galicia e que tanto loitou polo galego e pola igualdade de homes e mulleres. Este ano para celebralo fixemos un programa de radio, no cal participou todo o alumnado dende os pequechiños de 3 anos ata os maiores de sexto. 
Aquí vos deixo o enlace para que poidades escoitar o programa e agardo que vos guste tanto coma a min esta primeira experiencia radiofónica. 
 Antes de deixarvos o enderezo quero dende aquí agradecer a todas e cada unha das aulas a súa participación no programa. Moitas grazas rapazada e.... ADIANTE CO PROGRAMA!!!

ANUNCIO DA I FEIRA DO LIBRO DE OUTEIRO DE REI

 Boas rapazada: Aquí vos deixo o anuncio da I Feira do Libro elaborada polo alumnado de 5ºB. Xa queda pouco tempo para este gran evento, aga...