Coma cada curso aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o Nadal. Agardamos que vos gusten tanto coma min e que gocedes da escolma de lecturas que fixemos para todos e todas vós.
Agardamos por todos/as vós no 2026 arrodeados de lecturas!!!
Boas rapazada:
Como xa sabedes, cada curso celebramos dende a biblio unha data relacionada co PDI que estamos a levar a cabo, porén este ano conmemoramos o día da discapacidade, xa que o noso PDI versa sobre Persoas con capacidades diferentes.
Aquí vos deixo o vídeo co resumo de todo o que fixemos:
- Xogamos un partido de special olympics coa fundación San Vicente de Paúl.
- O alumnado de 5º asistíu á fundación e fixo uns obradoiros.
- Todo o centro participou nunha carreira solidaria a prol da fundación Enki que traballan a prol do deporte adaptado.
- E 4º, 5º e 6º asistíu a unha charla con Aspnais sobre a discapacidade e tiveron a sorte de contar con dous internos da asociación que son deportistas.
Pero... coma sempre vale máis unha imaxe ca mil palabras aquí vos deixo o vídeo resumo con todas as actividades e xa sabedes ...para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca!!
Durante este curso temos que realizar un novo documento de centro que se chama PLEA, plan de lectura, escritura e acceso á información e para isto precisamos a vosa colaboración.
Temos que facer uns test para saber cal é o noso punto de partida en estes tres aspectos:
-Lectura
- Escritura
- Acceso á información
E precisamos facelo a tres bandas, por un lado o profesorado, por outro o alumnado e o restante son as familias.
Aquí vos deixo tres lapelas, unha para cada un de vos onde atoparedes os tres test que debedes cubrir, é moi importante que sexades sinceros/as para saber de onde partimos e ata onde queremos e podemos chegar co desenvolvemento deste plan nos vindeiros catro anos.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.
O pasado venres día 21 de novembro tivemos unha actividade ao abeiro do noso PDI Persoas con capacidades diferentes. Consistíu nun partido de baloncesto de Special Olimpics, onde tivemos a sorte de contar coa Fundación San Vicente de Paúl que veu xogar co noso alumnado de 5º de primaria.
Foi unha experiencia estupenda tal é como podedes ver no vídeo que vos deixo de seguido:
Moitas grazas a todos e todas as xogadoras por participar e a todos os espectadores /as por animar e vivir este partido dunha maneira exemplar.
Hoxe estou moi leda porque o pasado sábado 15 de novembro estiveron presentándome nas Xornadas de Bibliotecas Escolares en Santiago. Chamáronnos para falar do noso proxecto do curso pasado Inventos e descubrimentos ao longo da historia.
Dende aquí deíxovos a presentación para que poidades ver o que contamos e tamén queria dar as grazas a Asesoría por chamarnos e dar visibilidade ao noso traballo!!
Como vai todo? Como xa sabedes o pasado venres, o día 24 de outubro foi o día das biblbiotecas escolares, e para celebralo preparamos dúas actividades, por unha banda o venres tivemos na nosa escola, concretamente no salón de actos, a Adrián Vigo un cantante neurodiverxente, que veu amosarlle ao noso alumnado que as dificultades non son un impedimento para realizar os teus soños.
Por outra banda, o luns contamos na nosa escola con Marisol Bravos, unha mestra xubilada que está en cadeira de rodas por mor da poliomielite, e que ven facer un contacontos para o alumnado de infantil, e de 1º ata 3º, e o alumnado restante irán ter un encontro con ela e escoitarlle os obstáculos que tivo ao longo da súa vida.
Aqui vos deixo o vídeo resumo das actuacións que se levaron a cabo por parte de Adrián e de David, o seu pianista, e de Marisol Bravos no salón de actos da nosa escola.
Moitas grazas a todos por participar das nosas actividades para celebrar o día das Bibliotecas, e para dar comezo ao noso PDI Persoas con capacidades diferentes, e sobre todo moitas grazas a Adrián, David e Marisol por colaborar con nós de maneira altruista.
Estos primeiros días de setembro a nosa biblio ten as portas pechadas, pero...estamos empezando a recibir ao profesorado novo para que descubra a organización e o funcionamento da nosa biblioteca.
Aquí vos deixo a presentación que empregamos para vos sexa de utilidade se tedes algunha dúbida para facer os empréstitos e as devolucións.
Aquí vos deixo unha fotiño para que vexades o atentos/as que estiveron os nosos mestres/as.
E xa sabedes para calquera cousiña... Libeteca sempre na biblioteca!!
Como vai todo? Xa estou aqui, coma cada ano, este curso xa estamos argallando cousiñas para o noso PDI: Persoas con capacidades diferentes, así que estade atentos ás nosas redes nos vindeiros días.
Agora para ir abrindo boca vouvos deixar aquí o noso horario deste curso.
Hoxe teño que desculparme convosco, creo que me vou facendo maior e me vai fallando a memoria, xa que agora estaba repasando o que fixemos durante o curso e decateime de que nos esqueceramos de colgar o vídeo do Obradoiro con Paloma Lujilde que veu á nosa biblio para celebrar co alumnado de 5º e 6º o día de teatro e achegárllo dunha maneira lúdica.
Pero como di o refrán máis vale tarde que nunca así que aquí volo deixo.
Como xa sabedes o noso PDI chega ao seu fin coma cada mes de maio, e fixemos unha xornada de portas abrtas, por unha banda poa mañá o alumnado foron os encargados de facer o percorrido e pola tarde gozamos da compaña das familias da escola.
Aquí vos deixamos un vídeo no cal podedes facer connosco o percorrido e revivir esta xornada tan especial, que agardamos que vos gustase tanto coma nós.
Como xa sabedes, levamos todo o curso traballando arreo no noso PDI Inventos e descubrimentos ao longo da historia, e esta semana, concretamente na tarde do martes dende ás 15.15 ata as 18.00 horas imos abrir as portas da nosa escola para compartilo con vós.
Como xa sabedes o pasado 22 de abril tivemos a nosa I Feira do Libro, e temos que dicir que estamos mi ledas porque foi todo un éxito, e isto foi grazas a todos os que viñestes para participar na mesma.
Aquí vos deixo un vídeo para que non se nos esqueza este día tan maravilloso a prol da lectura e da cultura.
Aquí vos deixo o anuncio da I Feira do Libro elaborada polo alumnado de 5ºB.
Xa queda pouco tempo para este gran evento, agardámosvos a todos, preferiblemente no horario de tarde, xa que pola mañá está reservado fundamentalmente para o noso alumnado.
Como xa sabedes levamos todo o curso preparando este gran acontecemento, que é para nós a I Feira do Libro, que levaremos a cabo en colaboración co Concello, e que terá lugar o vindeiro 22 de abril na praza do Concello.
Aquí vos deixo dúas cousiñas, por unha banda o cartel anunciador do evento realizado pola familia de Abril López Mallo, e por outra unha invitación resumo do que poderedes atopar no evento.
Agardamos pasar con todos vós un día inesquecible rodeados de libros e de lecturas.
Como xa sabedes este año celébrase o aniversario da 1º tira de 13, Rue do Percebe De Francisco Ibáñez. Lembramos a imaxe dun edificio con distintas viñetas e personaxes fixos.
É unha forma de humor con esceas costumbristas rápidas e sinxelas que a todos gusta e saca un sorriso.
E nòs para lembralo preparamos unha serie de tiras còmicas que temos na nosa Xanela.
Este ano para conmemorar o día 8M elaboramos un mural que simula unha película, e que chamamos MULLER TIÑAS QUE SER, esta actividade consistíu en darlle a vota a este dito pexorativo, e transformalo nalgo positivo. Para isto cada aula buscou unha muller que destacase na realización dalgún invento, e posteriormente plasmou a súa investigación no mural que podedes ver de seguido:
Como xa sabedes a semana do 10 ao 14 de marzo celébrase a SEMANA DA PRENSA, e para isto fixemos unha actividade en todas e cada unha das nosas aulas, que consistíu en traballar un titular sobre un inventon propio da época histórica que se está a traballar.
Aquí vos deixo dúas cousiñas, por unha banda as instrucións que lles enviamos a cada aula, e por outra un cartel co resultado final.
Como vai todo? A rapazada de 5ºB elaborou uns vídeos recomendándonos os seus libros favoritos, e con todos os vídeos creamos uns códigos QR e fixemos un mural que está no corredor da entrada da biblioteca. Se vos tamén queredes participar a facernos unha recomendación lectora, só tedes que preparar un pequeno vídeo, en galego ou en castelán, onde nos faledes un chisquiño do libro e do seu autor ou autora e nos indiquedes o motivo da vosa recomendación. Unha vez que o teñades feito mandádenos o vídeo ao noso enderezo de correo electrónico e ... xa formaredes parte dos nosos BOOKTUBERS.
No día de hoxe 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía, e nesta ocasión fixemos un traballiño conxunto entre todos e todas.
Por unha banda o alumnado de infantil,preparou uns caligramas en forma de folla cos poemas de Rosalía e por outra o alumnado de primaria empregou a mesma técnica usando os caligramas pero esta vez no rostro de Rosalía e con todo isto fixemos a árbore que se pode ver na fotografía.
Agardamos que vos guste e Feliz Día de Rosalía para todos e todas!!