08 xuño 2025

OBRADOIRO DE TEATRO CON PALOMA LUJILDE

Boas rapazada:
Hoxe teño que desculparme convosco, creo que me vou facendo maior e me vai fallando a memoria, xa que agora estaba repasando o que fixemos durante o curso e decateime de que nos esqueceramos de colgar o vídeo do Obradoiro con Paloma Lujilde que veu á nosa biblio para celebrar co alumnado de 5º e 6º o día de teatro e achegárllo dunha maneira lúdica. 
Pero como di o refrán máis vale tarde que nunca así que aquí volo deixo.
Saúdos e desculpas de ...
Libeteca

obradoiro de teatro de SANDRA ÁALVAREZ ALONSO

04 xuño 2025

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PDI INVENTOS E DESCUBRIMENTOS AO LONGO DA HISTORIA

 Boas rapazada:

Como xa sabedes o noso PDI chega ao seu fin coma cada mes de maio, e fixemos unha xornada de portas abrtas, por unha banda poa mañá o alumnado foron os encargados de facer o percorrido e pola tarde gozamos da compaña das familias da escola. 

Aquí vos deixamos un vídeo no cal podedes facer connosco o percorrido e revivir esta xornada tan especial, que agardamos que vos gustase tanto coma nós.

Moitas grazas a todos e todas por acompañarnos.


Portas abertas

OBRADOIRO DE TEATRO CON PALOMA LUJILDE

Boas rapazada: Hoxe teño que desculparme convosco, creo que me vou facendo maior e me vai fallando a memoria, xa que agora estaba repasando ...