16 decembro 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Boas rapazada:

Coma cada curso aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o Nadal. Agardamos que vos gusten tanto coma min e que gocedes da escolma de lecturas que fixemos para todos e todas vós.

Agardamos por todos/as vós no 2026 arrodeados de lecturas!!!

07 decembro 2025

DÍA DA DISCAPACIDADE

Boas rapazada: Como xa sabedes, cada curso celebramos dende a biblio unha data relacionada co PDI que estamos a levar a cabo, porén este ano conmemoramos o día da discapacidade, xa que o noso PDI versa sobre Persoas con capacidades diferentes. Aquí vos deixo o vídeo co resumo de todo o que fixemos:
 - Xogamos un partido de special olympics coa fundación San Vicente de Paúl. 
- O alumnado de 5º asistíu á fundación e fixo uns obradoiros. 
- Todo o centro participou nunha carreira solidaria a prol da fundación Enki que traballan a prol do deporte adaptado. 
- E 4º, 5º e 6º asistíu a unha charla con Aspnais sobre a discapacidade e tiveron a sorte de contar con dous internos da asociación que son deportistas. Pero... coma sempre vale máis unha imaxe ca mil palabras aquí vos deixo o vídeo resumo con todas as actividades e xa sabedes ...para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca!!

ASPNAIS

 Boas rapazada: Como xa sabedes este curso tivemos a sorte de contar con ASPNAIS no noso PDI, para isto colaboraron con nós de varias maneir...