09 marzo 2026

XORNADA DE DEPORTE ADAPTADO

 Boas rapazada:

Hoxe o alumnado de 6º de primaria tivo a sorte de poder asistir á xornada de deporte adaptado da fundación Enki. O alumnado participou en dez estacións de diferentes deportes e para que vexades o que desfrutou o alumnado desta actividade, deixovos un vídeo resumo desta xornada tan productiva:



09 febreiro 2026

CARTEL GAÑADOR DO II CONCURSO EN FAMILIA PARA A II FEIRA DO LIBRO

 Boas rapazada:

Xa temos aquí o cartel gañador desta II Feira do Libro, temos que darlle os parabéns a Leila e Elías porque van ser os encargados co seu estupendo cartel,de publicitar a nosa feira en todos os recunchos. PARABÉNS  RAPACES!! E moitas grazas a todos por participar, puxéstesnolo moi difícil para escoller. 



06 febreiro 2026

CARTEIS FINALISTAS PARA A II FEIRA DO LIBRO

 Boas rapazada:

Aquí vos deixo un cartel cos tres finalistas para atopar o gañador para  anunciar a II Feira do Libro , que será o vindeiro 17 de abril do 2026.


Cal credes que será o noso cartel gañador ??

04 febreiro 2026

II FEIRA DO LIBRO

 Boas rapazada:

Aquí vos deixo un vídeo con todos os carteis participantes do concurso en familia para  deseñar o cartel da nosa feira. Seredes quen de adiviñar por cal se decantou o xurado???


24 xaneiro 2026

ASPNAIS

 Boas rapazada:

Como xa sabedes este curso tivemos a sorte de contar con ASPNAIS no noso PDI, para isto colaboraron con nós de varias maneiras, por unha banda viñeron ao noso cole para presentarnos a asociación e o seu traballo e por outra o alumnado de sexto tivo a sorte de poder acudir ao seu centro para ver o seu quefacer diario.

Aquí vos deixo un pequeno vídeo da nosa visita ao centro e unhas fotiños do seu paso pola nosa escola.


Presentación Portafolio Artístico Blanco y Negro de SONIA LAMAS VAZQUEZ







GRAZAS POR TODO ASPNAIS!!!

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA CON ABRIL CAMINO

 Boas rapazada:

Como xa sabedes ao remate do trimestre tivemos a sorte de contar con Abril Camino, gañadora do premio xerais 2025, na nosa escola para levar a cabo co alumnado de 5º e 6º un obradoiro de escritura Creativa. Aquí vos deixo as imaxes para que vexades o ben que o pasamos!!.


                

                        Grazas por vir Abril!!




XORNADA DE DEPORTE ADAPTADO

 Boas rapazada: Hoxe o alumnado de 6º de primaria tivo a sorte de poder asistir á xornada de deporte adaptado da fundación Enki. O alumnado ...