09 febreiro 2026

CARTEL GAÑADOR DO II CONCURSO EN FAMILIA PARA A II FEIRA DO LIBRO

 Boas rapazada:

Xa temos aquí o cartel gañador desta II Feira do Libro, temos que darlle os parabéns a Leila e Elías porque van ser os encargados co seu estupendo cartel,de publicitar a nosa feira en todos os recunchos. PARABÉNS  RAPACES!! E moitas grazas a todos por participar, puxéstesnolo moi difícil para escoller. 



06 febreiro 2026

CARTEIS FINALISTAS PARA A II FEIRA DO LIBRO

 Boas rapazada:

Aquí vos deixo un cartel cos tres finalistas para atopar o gañador para  anunciar a II Feira do Libro , que será o vindeiro 17 de abril do 2026.


Cal credes que será o noso cartel gañador ??

04 febreiro 2026

II FEIRA DO LIBRO

 Boas rapazada:

Aquí vos deixo un vídeo con todos os carteis participantes do concurso en familia para  deseñar o cartel da nosa feira. Seredes quen de adiviñar por cal se decantou o xurado???


CARTEL GAÑADOR DO II CONCURSO EN FAMILIA PARA A II FEIRA DO LIBRO

 Boas rapazada: Xa temos aquí o cartel gañador desta II Feira do Libro, temos que darlle os parabéns a Leila e Elías porque van ser os encar...