07 decembro 2025

DÍA DA DISCAPACIDADE

Boas rapazada: Como xa sabedes, cada curso celebramos dende a biblio unha data relacionada co PDI que estamos a levar a cabo, porén este ano conmemoramos o día da discapacidade, xa que o noso PDI versa sobre Persoas con capacidades diferentes. Aquí vos deixo o vídeo co resumo de todo o que fixemos:
 - Xogamos un partido de special olympics coa fundación San Vicente de Paúl. 
- O alumnado de 5º asistíu á fundación e fixo uns obradoiros. 
- Todo o centro participou nunha carreira solidaria a prol da fundación Enki que traballan a prol do deporte adaptado. 
- E 4º, 5º e 6º asistíu a unha charla con Aspnais sobre a discapacidade e tiveron a sorte de contar con dous internos da asociación que son deportistas. Pero... coma sempre vale máis unha imaxe ca mil palabras aquí vos deixo o vídeo resumo con todas as actividades e xa sabedes ...para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca!!

24 novembro 2025

PLEA FAMILIAS

PLEA PARA O ALUMNADO

PLEA PARA O PROFESORADO

 

PLEA PLAN DE LECTURA, ESCRITURA E ACCESO Á INFORMACIÓN

 Boas !

Durante este curso temos que realizar un novo documento de centro que se chama PLEA, plan de lectura, escritura e acceso á información e para isto precisamos a vosa colaboración.

Temos que facer uns test para saber cal é o noso punto de partida en estes tres aspectos:

-Lectura

- Escritura

- Acceso á información 

E precisamos facelo a tres bandas, por un lado o profesorado, por outro o alumnado e o restante son as familias.

Aquí vos deixo tres lapelas, unha para cada un de vos onde atoparedes os tres test que debedes cubrir, é moi importante que sexades sinceros/as para saber de onde partimos e ata onde queremos e podemos chegar co desenvolvemento deste plan nos vindeiros catro anos. 

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

23 novembro 2025

PARTIDO SPECIAL OLYMPICS

 Boas rapazada:

O pasado venres día 21 de novembro tivemos unha actividade ao abeiro do noso PDI Persoas con capacidades diferentes. Consistíu nun partido de baloncesto de Special Olimpics, onde tivemos a sorte de contar coa Fundación San Vicente de Paúl que veu xogar co noso alumnado de 5º de primaria.

Foi unha experiencia estupenda tal é como podedes ver no vídeo que vos deixo de seguido:


Moitas grazas  a todos e todas as xogadoras por participar e a todos os espectadores /as por animar e vivir este partido dunha maneira exemplar.



17 novembro 2025

Xornada de bibliotecas escolares

 Boas rapazada:

Hoxe estou moi leda porque o pasado sábado 15 de novembro estiveron presentándome nas Xornadas de Bibliotecas Escolares en Santiago. Chamáronnos para falar do noso proxecto do curso pasado Inventos e descubrimentos ao longo da historia.

Dende aquí deíxovos a presentación para que poidades ver o que contamos e tamén queria dar as grazas a Asesoría por chamarnos e dar visibilidade ao noso traballo!! 



OS NOSOS FONDOS PARA O PDI

 Boas rapazada:  Este ano preparamos un muro con fondos para traballar o PDI, aquí volo deixamos para que poidades gozar os libros durante o...