Xa temos aquí o cartel gañador desta II Feira do Libro, temos que darlle os parabéns a Leila e Elías porque van ser os encargados co seu estupendo cartel,de publicitar a nosa feira en todos os recunchos. PARABÉNS RAPACES!! E moitas grazas a todos por participar, puxéstesnolo moi difícil para escoller.
Aquí vos deixo un vídeo con todos os carteis participantes do concurso en familia para deseñar o cartel da nosa feira. Seredes quen de adiviñar por cal se decantou o xurado???
Como xa sabedes este curso tivemos a sorte de contar con ASPNAIS no noso PDI, para isto colaboraron con nós de varias maneiras, por unha banda viñeron ao noso cole para presentarnos a asociación e o seu traballo e por outra o alumnado de sexto tivo a sorte de poder acudir ao seu centro para ver o seu quefacer diario.
Aquí vos deixo un pequeno vídeo da nosa visita ao centro e unhas fotiños do seu paso pola nosa escola.
Como xa sabedes ao remate do trimestre tivemos a sorte de contar con Abril Camino, gañadora do premio xerais 2025, na nosa escola para levar a cabo co alumnado de 5º e 6º un obradoiro de escritura Creativa. Aquí vos deixo as imaxes para que vexades o ben que o pasamos!!.
Coma cada curso aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o Nadal. Agardamos que vos gusten tanto coma min e que gocedes da escolma de lecturas que fixemos para todos e todas vós.
Agardamos por todos/as vós no 2026 arrodeados de lecturas!!!
Boas rapazada:
Como xa sabedes, cada curso celebramos dende a biblio unha data relacionada co PDI que estamos a levar a cabo, porén este ano conmemoramos o día da discapacidade, xa que o noso PDI versa sobre Persoas con capacidades diferentes.
Aquí vos deixo o vídeo co resumo de todo o que fixemos:
- Xogamos un partido de special olympics coa fundación San Vicente de Paúl.
- O alumnado de 5º asistíu á fundación e fixo uns obradoiros.
- Todo o centro participou nunha carreira solidaria a prol da fundación Enki que traballan a prol do deporte adaptado.
- E 4º, 5º e 6º asistíu a unha charla con Aspnais sobre a discapacidade e tiveron a sorte de contar con dous internos da asociación que son deportistas.
Pero... coma sempre vale máis unha imaxe ca mil palabras aquí vos deixo o vídeo resumo con todas as actividades e xa sabedes ...para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca!!