27 xullo 2022

SOMOS PLAMBE!!!!!!

 Boas rapazada:

Como vai todo? Hoxe estou moi leda, e traíovos unha moi boa nova, posto que despois de traballar arreo dende a bilioteca durante todo o curso, compláceme anunciarvos que somos un dos centros que entramos a formar parte do Plan de Mellora de Bibliotecas de Galicia. SOMOS UN CENTRO PLAMBE!!!

Moitisimas grazas a todos pola vosa participación e colaboración, as persoas que viñeron dar os obradoiros, a Anpa, ao Concello, as familias, ao profesorado do centro e sobre todo ao noso alumnado.

Agárdamos por todos vós en setembro con moitos proxectos e actividades e sobro todo con moita ilusión por ser parte deste proxecto da Asesoría.


Aqui vos deixo  á resolución para que poidades comprobalo vós mesmos.


Saúdos 
Libeteca


21 xuño 2022

A HORTA DE INFANTIL DA OS SEUS FROITOS

 Boas rapazada:

Como xa vos contei noutra ocasión a rapazada de infantil creou un horto ao abeiro do noso PDI deste curso AlimentArte.

Depois de traballar arreo no seu horto a rapazada de 5ºB de infantil recolleu  as súas leitugas e posteriormente fixeron fotos con elas, ben sexa cociñándoas ou coméndoas!!!

Aquí vos deixo un vídeo onde podedes ver como desfrutan das súas leitugas. Parabéns rapazada!!!

Saúdos, Libeteca.



19 xuño 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Ola rapazada:
Como vai todo? Como xa sabedes o curso está a piques de rematar, e agora todos imos ter moito teempo de lecer, que podemos empregaar paraa ler. 
Aquí vos deixo unhas recomendacións lectoras para que vos servan de axuda á hora de mercar un libro.
Agardo que vos gusten  e que gocedes moito do verán, cun libro na man!!!
E xa sabedes... para calquera cousa Libeteca sempre na Biblioteeca.



13 xuño 2022

RESUMO DO CURSO

Boas rapazada:
Como xa sabedes este curso está chegando ao seu fin e despois de traballar arreo durante todo o ano fixémosvos un pequeno vídeo resumo onde quedan recollidas todas as actividades para que as teñades todas máis sinxelas de localizar e así poidades lembrar o P.D.I deste curso: AlimentArte!!!
Moitas grazas a todos pola vosa participación no proxecto…e preparàdevos porque xa estou argallando o seguinte coas miñas axudantas.
Saúdos
Libeteca



 

21 maio 2022

TRABALLANDO O CAMIÑO DE SANTIAGO CO ALUMNADO DO CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO

 Boas rapazada:

Hoxe o alumnado de 4ºB está moi ledo, posto que estiveron a traballar e investigar sobre o camiño de Santiago, e hoxe recibiron unha carta da coordinadora da biblioteca do colexio Álvaro Cunqueiro, no que chegaron uns marcapáxinas sobre o Camiño, que é o proxecto que están a traballar durante este curso.

Unha vez recibida a carta, pediannos que fixesemos unha foto con el en algún punto do Camiño, e aquí imos ir deixando as fotos que nos vaian chegando.

É un pracer compartir experiencias con outros coles. Moitas grazas aos compañeiros/as por contar con nós para esta actividade!!!

                                        







                                                            

                                                                

Grazas rapazada!!

Saúdiños Libeteca

OS XOGOS DAS LETRAS GALEGAS

 Boas rapazada:

Como xa sabedes, o pasado martes foi o día das Letras Galegas, este ano o autor homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán, e depois de estar traballando dende as aulas a este poeta ouresán, os diferentes grupos de primaria foron acudindo por quendas á biblioteca onde os esperaban uns xogos sobre o autor.

Aquí vos deixamos as fotos disfrutando destes xogos tan entretidos e interesantes.

Grazas pola vosa participación e implicación rapazada!!

                                










Saúdos 

Libeteca

DESCUBRINDO AS MALETAS VIAXEIRAS

 Boas rapazada:

Hoxe estivo un grupo na biblioteca descubrindo a maleta viaxeira que vei do cole de Nadela, e cubrindo o caderno viaxeiro. 

Aquí vos deixo unhas fotiños para que vexades que ben o pasaron, e canto gozaron descubrindo os novos libros.








                                 


SAÚDOS, LIBETECA

OBRADOIRO DE TEATRO CON PALOMA LUJILDE

Boas rapazada: Hoxe teño que desculparme convosco, creo que me vou facendo maior e me vai fallando a memoria, xa que agora estaba repasando ...