06 abril 2026

21 DE MARZO, DÍA DO SÍNDROME DE DOWN

 Boas rapazada:

Como xa sabedes, o pasado 21 de marzo foi o día do Síndrome de Down, e para isto tivemos a sorte de contar con Down Lugo, que asistíu a nosa escola para concienciar sobre esta discapacidade ao alumnado de catro anos, de terceiro e de cuarto de primaria, e para pechar esta conmemoración todo o alumnado da escola levou os calcetíns desparellados. 

Aquí vos deixo, coma sempre, un vídeo resumo para que o poidades gozar tanto coma nós. 



OBRADOIRO DE BIBLIOTECA CREATIVA

 Boas rapazada:

 O pasado venres día 27 de marzo, para rematar ben o trimestre tivemos a sorte de contar na nosa escola con Tamara e Fran, que son da asociación Ovella viva e que traballan a prol da lá  e do ensino do seu proceso aos estudantes. O alumnado de 5º foi o afortunado en participar neste obradoiro e a verdade que resultou moi gratificante. 

Aquí vos deixo o vídeo resumo para que poidades gozar desta actividade.

09 marzo 2026

XORNADA DE DEPORTE ADAPTADO

 Boas rapazada:

Hoxe o alumnado de 6º de primaria tivo a sorte de poder asistir á xornada de deporte adaptado da fundación Enki. O alumnado participou en dez estacións de diferentes deportes e para que vexades o que desfrutou o alumnado desta actividade, deixovos un vídeo resumo desta xornada tan productiva:



09 febreiro 2026

CARTEL GAÑADOR DO II CONCURSO EN FAMILIA PARA A II FEIRA DO LIBRO

 Boas rapazada:

Xa temos aquí o cartel gañador desta II Feira do Libro, temos que darlle os parabéns a Leila e Elías porque van ser os encargados co seu estupendo cartel,de publicitar a nosa feira en todos os recunchos. PARABÉNS  RAPACES!! E moitas grazas a todos por participar, puxéstesnolo moi difícil para escoller. 



06 febreiro 2026

CARTEIS FINALISTAS PARA A II FEIRA DO LIBRO

 Boas rapazada:

Aquí vos deixo un cartel cos tres finalistas para atopar o gañador para  anunciar a II Feira do Libro , que será o vindeiro 17 de abril do 2026.


Cal credes que será o noso cartel gañador ??

04 febreiro 2026

II FEIRA DO LIBRO

 Boas rapazada:

Aquí vos deixo un vídeo con todos os carteis participantes do concurso en familia para  deseñar o cartel da nosa feira. Seredes quen de adiviñar por cal se decantou o xurado???


24 xaneiro 2026

ASPNAIS

 Boas rapazada:

Como xa sabedes este curso tivemos a sorte de contar con ASPNAIS no noso PDI, para isto colaboraron con nós de varias maneiras, por unha banda viñeron ao noso cole para presentarnos a asociación e o seu traballo e por outra o alumnado de sexto tivo a sorte de poder acudir ao seu centro para ver o seu quefacer diario.

Aquí vos deixo un pequeno vídeo da nosa visita ao centro e unhas fotiños do seu paso pola nosa escola.


Presentación Portafolio Artístico Blanco y Negro de SONIA LAMAS VAZQUEZ







GRAZAS POR TODO ASPNAIS!!!

OS NOSOS FONDOS PARA O PDI

 Boas rapazada:  Este ano preparamos un muro con fondos para traballar o PDI, aquí volo deixamos para que poidades gozar os libros durante o...