Amosando publicacións coa etiqueta 2º Trimestre. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º Trimestre. Amosar todas as publicacións

06 marzo 2022

OBRADOIRO DE CROQUETAS POR XENTILEZA DE PATATOTAS

Boas rapazada:
Como vai todo? Agardo que colledesedes folgos nestes días de Entroido e que veñades a tope de enerxía para encarar o derradeiro tramo deste trimestre. 
Nós dende a Bibliolibeteca, seguimos cos obradoiros para traballar a alimentación saudable, e nesta ocasión foron os de Patatotas os que viñeron á escola para ensinarlle ao alumnado de 3º como se fan as croquetas, ensinarlle o pocedemento, as características alimenticias deste producto... e posteriormente tal e como podedes ver no seguinte vídeo tivemos tempo para unha degustación.
Agardo que vos guste tanto coma ao alumnado que tivo a sorte de participar neste obradoiro. 
Dende aquí queremos agradecer a súa participación desinteresada ao persoal de Patatotas, posto que acudiron dunha maneira totalmente altruista para dar a coñecer o seu traballo entre o noso alumnado. 
Moitas grazas Patatotas!!!
Saúdos 
Libeteca





 

02 marzo 2022

OBRADOIRO DE ROSCAS POR XENTILEZA DA PANADARÍA OUSÁ.

Boas rapazada: 
Como vai todo? Hoxe estou moi leda e moi agradecida, posto que que tivemos a sorte de contar coa Panadaría Ousá que veu a nosa escola, para levar a cabo un obradoiro de roscas de Entroido, co alumnado de infantil e de 1º de primaria. 
Ademais disto os responsables da panadaría agasallaron ao resto do alumnado e ao profesorado con outro doce típico destas datas, as orellas. 
Para que vexades o ben que o pasamos e canto aprendemos, deíxovos  por unha banda unhas fotografías do alumnado de infantil e por outro un vídeo do alumnado de 1º.
 Moitas grazas ao persoal da panadaría por vir a nosa escola, e xa sabedes que estades convidados a voltar cando queirades. 
 E xa sabedes para calquera cousa... Libeteca sempre na biblioteca!!


28 febreiro 2022

UN ENTROIDO NO LAVERDE CON MOITA ARTE

Boas rapazada: 
Como vai todo? Como xa sabedes o pasado venres día 25 de febreiro celebramos na escola unha data moi especial, O ENTROIDO, e nesta ocasión, tentamos recuperar, dentro do posible e con todas as medidas de seguridade, a normalidade. 
Todo o alumnado veu caracterizado do P.D.I. que estamos a levar a cabo que como xa sabedes é AlimentArte, e cada grupo foi dunha cousiña diferente. 
Primeiro fixemos un photocall, polo cal foi pasando todo o alumnado do centro, e de seguido tivo lugar un desfile no patio e rematamos a troula con música bailando cada quen no recanto do patio que lle tocaba pasar o tempo de lecer. 
Aquí vos deixo un vídeo e uns fotos para que vexades o guapiños que estabamos todos, xa que como non podía ser doutra maneira eu, Libeteca tamén saín dar unha voltiña que non vai ser todo estar na biblioteca!!!
 Agardo que vos guste tanto coma a min.
Saúdos, Libeteca!



 

22 febreiro 2022

OBRADOIRO COA DIRECTORA DA BIBLIOTECA NODAL DE LUGO

Boas rapazada: 

Hoxe tivemos un obradoiro na nosa biblioteca. Os afortunados foron os alumnos e alumnas de 5º. Este obradoiro consistíu nun encontro con Sabela, a directora da Biblioteca Nodal de Lugo, que asistíu á nosa escola para facer unha formación de usuarios, e explicalles como é a CDU, como se poden ler libros a través da plataforma GaliciaLe, ou como podemos ter acceso á Aula Planeta. 

Foi un encontro moi interesante posto que despois de explicarnos Sabela,o alumnado tivo unha quenda para facer preguntas, e aprendemos moitisímo acerca dos libros e da rede. 

Moitas grazas Sabela pola túa visita e agardemos que a vindeira poidamos facercha nós a ti para que nos ensines todos os recunchos da Biblioteca Nodal de Lugo. 

E para que vexades o ben que o pasamos, aquí vos deixo unhas fotiños do encontro de hoxe.

Saúdos 

Libeteca!











23 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA



Boas rapazada: 
Aquí vos deixo as actividades realizadas para conmemorar o Día de Rosalía, por unha banda fixemos unha homenaxe recitando unhas verbas dos seus poemas e por outra elaboramos uns murais, un na zona de infantil e outro na de primaria coa silueta de Rosalía e traballando en infantil o poema caldo de gloria, e outro en primaria onde fomos traballando diferentes poemas e cada quen plasmou o del xunto coa silueta de Rosalía. Aquí queda o noso traballiño do día de Rosalía!
E xa sabedes para calquera cousa Libeteca… sempre na biblioteca.



 Aquí vos deixo as fotiños dos murais por unha banda o de infantil e por outra o de primaria: 
Segundo vaiamos recibindo as fotos dos grupos imos ir ampliando o álbum fotográfico:

CALDO DE GLORIA POLO ALUMNADO DE INFANTIL


ALUMNADO DE 3 ANOS  A






ALUMNADO DE 3 ANOS B

ALUMNADO DE 4 ANOS B


ALUMNADO DE 5 ANOS 



 RESULTADO FINAL 



O MURAL DE PRIMARIA 

ALUMNADO DE 2º A


ALUMNADO DE 3º A

 ALUMNADO DE 3º B
ALUMNADO DE 4º A


ALUMNADO DE 4º B





ALUMNADO DE 5ºA



 ALUMNADO DE 5º B




ALUMNADO DE 6º A



ALUMNADO DE 6ºB



O RESULTADO FINAL





FELIZ DÍA DE ROSALÍA!!







17 febreiro 2022

TEMPO DE ENTROIDO

 Ola rapazada:

Como vai todo? Xa sabedes que entroido está a piques de chegar e para ir abrindo boca, xa preparamos unha mesa temática para que saboreedes o pracer da lectura neste tempo de lecer. 

Agardo vervos a todos por alí!! 




E xa sabedes...Libeteca sempre á vosa disposción na biblioteca.

16 febreiro 2022

JOSEBA MURUZABAL NA ESCOLA

Boas rapazada: 

Hoxe estou moi leda porque tivemos o pracer de ter na nosa escola a un grande artísta, un muralista que potencia ás mulleres, máis concretamente ás mulleres rurais. Facéndolles uns murais de grandes dimensións  que se poden observar ao longo da xeografía española.

A rapazada gozou moitisimo da xuntanza, xa que primeiro Yoseba puxo un vídeo onde explica o seu traballo, e posteriormente chegou o momento de facer preguntas e o alumnado de 4º, 5º e 6º, participou dun xeito moi activo. 

E xa para rematar o encontro fixémoslle un agasallo, un libriño agradecendo a súa visita e para que vexades o ben que o pasamos  deíxovos aquí as fotografías da xornada. 

Moitas grazas pola túa visita Yoseba e xa estamos desexando que volvas!!!






E xa sabedes para calquera cousa Libeteca...sempre na Biblioteca!!!!





15 febreiro 2022

MANDATOS DO MECO


Boas rapazada:

Como xa sabedes o Entroido está a piques de chegar e aínda que este é o primeiro que vou pasar convosco, xa me contou Vermiño que é unha época do ano moi especial e divertida. Aquí vos deixo os mandatos do Meco para que poidades ir preparándovos. 

E xa sabedes... Libeteca sempre á vosa disposción na biblioteca!!!!


   

14 febreiro 2022

AS NOVAS EN BIBLIOLIBETECA

 Boas rapazada: 

Aquí vos deixo unha copia da carta que vos deixe nas caixas do correo das aulas, por se queredes botarlle unha ollada dende as vosas casas!




13 febreiro 2022

VISITA DO CLUBE DURÁN MAQUINARIA ENSINO LUGO

Boas rapazada: 

O pasado venres, día 11 de febreiro tivemos a sorte de contar na nosa escola coas xogadoras do Ensino, que viñeron contarnos a súa experiencia no mundo do baloncesto,e recordarnos a importancia do mesmo na saúde.  
E eu tiven a sorte de fotografiarme coas xogadoras, botádelle un ollo ao vídeo e xa veredes que guapiña saio!!

Moitas grazas por todo e xa sabedes para calquera cousa...Libeteca sempre na biblioteca!!!!


 

06 febreiro 2022

30 DE XANEIRO DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA ESCOLAR

Boas rapazada: 
Como xa sabedes o día 30 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Paz e da Non Violencia Escolar, e nesta ocasión celebrámolo facendo un mural, onde aparecen o alumnado en folios de cores e cada quen coa súa máscara na cal aparece unha verba con aquelo do que nos queremos protexer. 
Agardo que vos guste tanto coma a min!!.
Parabéns rapazada !!!




 


OS NOSOS FONDOS PARA O PDI

 Boas rapazada:  Este ano preparamos un muro con fondos para traballar o PDI, aquí volo deixamos para que poidades gozar os libros durante o...