04 maio 2022

A VIMBIOTECA

 Boas rapazada:

Como vai todo? Como xa sabedes, o pasado venres día  29 de abril tivemos a sorte de contar na nosa escola cunha artísta da contorna. Ela é unha artesá que ten o seu obradoiro en Outeiro de Rei, e acudiu a nosa escola acompañada do seu axudante Xosé para realizar co noso alumnado un obradoiro de vimbio, ela é nin máis nin menos que IDIOIA CUESTA.

Estamos moi agradecidos de poder contar con ela na nosa escola e do agasallo tan grande que nos fixo ao realizar a Vimbioteca, para que a nosa rapazada poida desfrutar do pracer da lectura nun ambiente inmellorable. 

Dende aquí querémoslle dar as grazas a Idioia, por facer un oco para achegarse a nosa escola e por agasallarnos co seu talento. 

Aquí vos deixo unha foto coa súa creación e de seguido un pequeniño vídeo do obradoiro realizado. Agardo que valoredes como se merece este gran obradoiro e a nosa vimbioteca!!





MOITAS GRAZAS POR TODO, E XA SABEDES PARA CALQUERA COUSA ...LIBETECA SEMPRE NA BIBLIOTECA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

GAÑADORES DO BOOKFACE

 Boas rapazada: Hoxe estou aquí para comentarvos a resolución do concurso en familia deste ano que consitíu en facer un bookface, é dicir fa...