19 outubro 2022

SAMAÍN


Boas rapazada:
Como xa sabedes está a piques de chegar a data máis terrorífica do ano, o SAMAÍN e este curso imos levar a cabo varias actividades. 
Por unha banda imos continuar coa reciclaxe e aproveitar a roupa que teñamos na casa para vir todos vestidos de zombies, eu xa teño o meu traxe, que vos deixo aquí para darvos ideas.


Ademais da caracterización, tamén imos realizar dúas actividades, por unha banda para o ALUMNADO DE INFANTIL que vai ter unha sesión de  CONTOS ÁS ESCURAS, no cal acudirán por quendas á biblioteca para desfrutar do espectáculo. 

Por outra parte o ALUMNADO DE PRIMARIA, vai ter unha sesión de CINE TERRORÍFICA, no salón de actos, por unha banda o alumnado de 1º ata 3º irán para ver Casper e por outra de 4º ata 6º verán as Bruxas, pero... atención porque para poder ir tedes que conseguir as seguintes entradas que lles din aos vosos titores/as:






 Queredes saber o que tedes que facer para conseguir a vosa entrada? os vosos mestres daránvos a entrada e teredes que conseguir un mínimo de tres perforacións da mesma para poder entrar, xa que teremos na porta un porteiro moi especial que vos pedirá o pase. Para poder acadar as perforacións teredes que ter un bo comportamento e traballar arreo.

Moito ánimo e estou segura de que vos vou ver a todos e todas na sesión de cine terrorífica .
Saúdos 
Libeteca

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LIBERRETO DE ITALIA

 Ola rapazada:  Como vai todo? Hoxe deixovos aquí o Liberreto destas xornadas, xa que na páxina onde publicamos todos os retos hai moitos e ...