Boas rapazada:
O pasado venres 10 de febreiro o alumnado de 5º e 6º tiveron a visita de Pilar López, unha misioneira que colabora con Mans Unidas en proxectos de sustentabilidade na República Dominicana.
Resaltou a labor de sacar aos nenos das rúas e ofrecerlles un lapis,un caderno e unha escola para poder ter un futuro mellor.
Tamén falou do problema da falla de auga e os proxectos de potabilización da mesma para as familias da zona. Todo relacionado cos ODS e a axenda 2039.
Quedou moi contenta polo interese amosado polos nenos e nenas e polas preguntas tan interesantes que lle fixeron.
Grazas Pilar por darlle visibilidade a esta realidade.
Saúdos
Libeteca
Ningún comentario:
Publicar un comentario