Boas rapazada:
Hoxe traio unha actividade que realizamos para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, que como xa sabedes é o 23 de febreiro, e que nesta ocasión e debido á proximidade das datas decidimos conmemorar conxuntamente co Día da Poesía.
Para isto tivemos a sorte de que a pintora lucense Ana María Rodriguez nos emprestou unhas carátulas de cds nos que aparecía pintada unha muller.
Nós démoslle ao noso alumnado unha muller a cada aula, e tiveron que investigar quen é e o motivo da súa fama, e despois para traballar a escrita e a poesía xa que cada quen tiña que facer un pareado relacionado co personaxe.
Unha vez recollidos todos os cds e os documentos cos pareados elaboramos un mural, que podedes ver na seguinte fotografía e que lle chamamos RIMANDO CON ROSALÍA E COMPAÑÍA. No centro podedes observar de maior tamaño a Rosalía que a traballamos en todas as aulas, dando a coñecer a súa figura e resaltando o seu papel na nosa sociedade e a prol da nosa lingua.
Agardo que vos guste tanto coma a min!!
Moitas grazas Ana María por facernos este empréstito e xa sabedes para calquera cousiña... Libeteca sempre na biblioteca!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario