Boas rapazada:
Xa estou de volta das vacacións de verán, e a verdade é que volvo con moitas novidades e con moitas gañas de traballar.
E para isto o primeiro que me gustaría comentarvos é que a temática máis votada nas enquisas de avaliación durante o pasado mes de xuño foi a dos Países do Mundo, e polo tanto ese vai ser o obxecto de investigación do vindeiro curso.
Xa sabedes que cada ano lle poñemos un título ao noso PDI e este ano é LIBETECA NA MIÑA MALETA!!!
Auguro que este será un ano onde vou viaxar moito e coñecer novos lugares e facer moitos amigos de diferentes lugares do mundo.Saúdos
Libeteca!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario