20 decembro 2023

DÍA DO EMIGRANTE

 Boas rapazada:

Como vai todo? Hoxe estou moi leda, xa sabedes que cada ano escollemos unha data para celebrar que se relacione co noso PDI que este curso versa ao redor dos países do mundo e chamamos Libeteca na túa maleta.

E por este motivo o luns día 18 de decembro tivemos unha celebración na nosa escola moi especial, celebramos o Día do Emigrante, e para esto tivemos a sorte de contar con varias familias extranxeiras que viñeron a montar un stand con información do seu país.

Foi unha actividade  marabillosa xa que puidemos aprender e gozar de numerosas culturas diferentes e que as familias se implicaron dunha maneira excepcional tanto nos preparativos desta xornada coma na realización da mesma. 

Por este motivo estamos moi agradecidas tanto ás familias coma ao resto da comunidade educativa xa que resultou unha xornada moi productiva e para que poidades lembrar e gozar connosco deste día deixámosvos un vídeo resumo da actividade. 


MIL GRAZAS FAMILIAS E FELIZ DÍA DO EMIGRANTE PARA TODOS E TODAS!!!

2 comentarios:

  1. Que maravilloso traballo. Moitas gracias a todos e en especial a os papis e mamis que fixeron posible levar aos nosos nenos outras culturas. Noraboa a todo o equipo da Biblioteca

    ResponderEliminar
  2. Noraboa ó equipo da biblioteca por outra nova iniciativa fantástica e moitísimas grazas ás familias que colaboraron en acercar outras culturas ós nenos.

    ResponderEliminar

CONCURSO EN FAMILIA: BOOKFACE, CREAR ARTE COAS CARÁTULAS DOS LIBROS.

 Boas rapazada: Como xa sabedes este ano, para celebrar o día do Libro, no noso concurso en familia imos facer un BOOKFACE.  Nesta lapela vo...