29 abril 2024

APADRIÑAMENTOS LECTORES NO DÍA DO LIBRO

 Boas rapazada:

Como xa sabedes o pasado martes día 23 de abril foi unha data moi importante para todos nós na biblio, xa que foi o Día do Libro e levamos a cabo numerosas actividades, pero queremos facer especial fincapé nunha das que realizamos que son os Apadriñamentos lectores, posto que esta actividade ten moito éxito entre o noso alumnado, tanto por parte dos padriños e madriñas coma dos afillados e afilladas. 

Para que vexades o ben que o pasamos aquí vos deixo un vídeo resumo desta actividade que agardo que vos guste tanto coma a min.

Un saúdo 

Libeteca



Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Boas rapazada: Coma cada curso aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o Nadal. Agardamos que vos gusten tanto coma min e q...