Boas rapazada:
Como vai todo? Como xa sabedes o pasado día 24 de outubro celebramos na nosa escola o Día das Bibliotecas, e coma cada ano o meu aniversario, neste caso cumprin xa 3 anos!!!
Para conmemorar o dia das Bibliotecas escolares creamos un tunel cheo de inventos de cada unha das etapas históricas para dar a coñecer o noso PDI deste curso que vai ser Inventos e descubrimentos ao longo da historia.
Ademais disto ao remate da visita do tunel tiñamos un panel xa preparado co Liberreto deste curso, que consistirá en facer unha pequena investigación sobre diferentes inventos que irán aparecendo cada quince días e posteriormente o alumnado que faga ben as súas pescudas van obter un sello e ao remate do curso o curso que os obteña todos terá un premio. Quenes conseguirán ter todos os sellos?
Aquí vos deixo un vídeo resumo para que poidades gozar con nós da actividade
Ningún comentario:
Publicar un comentario