16 maio 2026

QUE É A DISCAPACIDADE?

 Boas rapazada:

Como xa sabedes durante todo o curso fomos facendo diferentes encomendas a todas as aulas, repartidas por meses. Agora, que estamos a piques de rematar o noso proxecto chegou o momento de recompilalas todas e ir ensinándovolas para que vos vaiades facendo boca dalgunhas cousiñas que ides ver na xornada de portas abertas o vindeiro martes día 19 de maio, pero... non pensedes que estes traballiños van ser o único que vexades xa que vos agardan moitas sorpresas.

Aquí vos deixo un vídeo resumo sobre un lapbook que fixemos en cada aula para traballar o concepto de discapacidade e os tipos de que existen. Ademais cómpre sinalar que o alumnado de 6ºB elaborou unhas cancións que empregamos como banda sonora.



Agardamos que vos guste!!! e xa sabedes para calquera cousiña Libeteca sempre na biblioteca!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

JUDY SCOTT

  Boas rapazada: Como xa sabedes levamos traballando arreo no noso PDI: Persoas con capacidades diferentes e nesta ocasión preparamos unha p...