Boas rapazada:
Como xa sabedes o pasado día 24 de outubro celebrouse unha data moi especial, por unha banda celebramos o meu aniversario, e por outra o día das Bibliotecas escolares, e para isto fixemos unha verbena como no tempo das nosas avoas. Contamos con dúas colaboracións inestimables, por unha banda a asociación o Xeito e por outra a Anpa que colaborou financiando unha parte do obradoiro.
Ademais invitamos ás familias para que poidaran gozar connosco desta gran inauguración do noso PDI O tempo das nosas avoas.
Aquí vos deixo o cartel da verbena e o vídeo resumo da actividade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario