05 decembro 2021

VISITA DA ESCRITORA ANA MEILÁN

Boas rapazada:
Hoxe estamos de sorte, xa que contamos coa visita da escritora Ana Meilán na nosa biblioteca. A verdade foi unha experiencia marabillosa  e todos gozamos moito deste encontro. Para que o poidades comprobar aquí vos deixo un vídeo resumo do encontro. 
Agardo que vos guste tanto coma a min!!
Saúdiños, Libeteca!




 

04 decembro 2021

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER



Boas rapazada: 
 Como xa sabedes na escola celebramos o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, e para que vexades o que fixemos deixovos aquí o vídeo co que fixemos. 
Agardo que vos guste tanto coma a min!
Saúdos 
Libeteca



 

03 decembro 2021

OS TOPÓNIMOS DA NOSA TERRA

Boas rapazada: 
Como xa sabedes estivemos a celebrar o Día da Palabra,e para isto fixemos un traballo de investigación sobre os topónimos da nosa terra. E para que o vexades aquí vos deixo este vídeo resumo que agardo que vos guste tanto coma a min. 
Saúdos
Libeteca



 

ADORNAMOS A ÁRBORE DE NADAL

 ÁRBORE DE NADAL 

Seguindo o Proxecto Documental Integrado ALIMENT-ARTE, imos adornar a árbore de Nadal do colexio con adornos frutais. Aquí vos deixo as plantillas por se vos fan  falta.

Moitas gracias, coma sempre, pola vosa colaboración.  Data límite: 13 de decembro.

Plantillas das froitas (preme aquí)


01 decembro 2021

3 DE DECEMBRO: DÍA DA DISCAPACIDADE

 Boas rapazada: 

Como xa sabedes o día das múltiples capacidades está a piques de chegar e por isto de seguido presentámosvos dúas propostas para traballar o Día das Múltiples Capacidades:

 Por unha banda unha mesa temática con suxestións lectoras


 E por outra unhas curtametraxes para educar en valores e cooperación.

25 novembro 2021

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Boas rapazada:
 Como xa sabedes, o día 20 de novembro é o Día dos Dereitos da Infancia, e nós traballámolo dende a biblioteca, e para que vexades o que fixemos deixovos aquí un vídeo resumo. 
E xa sabedes para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca.


ALMMORZOS SAUDABLES PARA 1º E 2º DE E.P.

 O CEIP Laverde Ruíz, inmerso no Proxecto Documental Integrado ALIMENT-ARTE, celebrou o Día Mundial do Neno cun Almorzo Saudable para o alumnado de 1° e 2° de Educación Primaria. Deste xeito tan delicioso aprenderon que alimentos son imprescindibles nun almorzo para que sexa saudable: froita, froitos secos naturais, cacao puro, torrada con aceite e tomate, xamón serrano...

Esta actividade, patrocinada polo Concello de Outeiro de Rei, serviu para concienciar aos nenos/as do Dereito á Alimentación, ademais de potenciar a autonomía e o coidado do planeta evitando desperdiciar a comida.


CONCURSO EN FAMILIA : CON QUE XOGUETES XOGABAN AS NOSAS AVOAS ?

 Boas rapazada:  Como xa sabedes este ano estamos comezando co noso PDI : O tempo das nosas avoas, e para implicar a toda a comunidade educa...