30 decembro 2021

VISITA DO APALPADOR

Boas rapazada: 
Esta semana tivemos a sorte de contar co Apalpador na nosa escola, que foi visitando cada unha das nosas aulas. Para que vexades o ben que o pasamos deixovos aquí un vídeo. 
Moitas grazas pola visita e bo Nadal para todos !



 Saúdos.

Libeteca

23 decembro 2021

COMO RESUMIR UN GRAN TRIMESTRE EN TRES MINUTOS

Boas rapazada: 
Aquí vos deixo un vídeo resumo do que deu de sí este primeiro trimestre, xa sabedes que estivemos traballando arreo, e foi moi difícil condensar todo en tan pouco tempo. 
Agardo que vos guste tanto coma a min. Parabéns por este trimestre e ímos a polo seguinte!!!


Saúdos
Libeteca
 

20 decembro 2021

CHEGOU O NADAL AO LAVERDE


Boas rapazada:

 Xa chegou o Nadal aos corredores do Laverde, e para que gocedes deles deíxovos aquí un vídeo a ver que vos parece. 
Non dubidedes en deixar o voso parecer nos comentarios. 

E xa sabedes, para calquera cousa Libeteca... sempre na Biblioteca!!!
 



12 decembro 2021

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS CAPACIDADES MÚLTIPLES

Boas rapazada: 
Como xa sabedes, o día 3 de decembro é o Día Internacional das Capacidades Múltiples e para continuar traballando a educación inclusiva levamos a cabo numerosas actividades que podedes ver de seguido na seguinte reportaxe. 
Parabéns polo traballo ben feito rapazada!!
Saúdiños, rapazada!
Libeteca









 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO INVERNO

Boas rapazada:                                                                                       Aquí vos deixo unhas recomendacións lectoras para que gocedes da lectura nestes días de frío inverno.

 

10 decembro 2021

CALENDARIO SOLIDARIO- ART FOR DENT

 Estimadas familias:

Dentro do Proxecto Documental Integrado ALIMENT-ARTE, o CEIP Laverde Ruíz participamos no calendario artístico e solidario en beneficio da Asociación Galega da Enfermidade de Dent. 

O noso centro deseñou o mes de decembro deste calendario. O prezo é de 5€, destinado 100% a esta doenza minoritaria.

Está dispoñible no cole. Podedes:

- Enviar os cartos a través do voso fillo/a e ese día xa leva o calendario.

- Presencialmente na aula de Audición e Linguaxe na planta baixa.

Animádevos a colaborar!



CONCURSO EN FAMILIA : CON QUE XOGUETES XOGABAN AS NOSAS AVOAS ?

 Boas rapazada:  Como xa sabedes este ano estamos comezando co noso PDI : O tempo das nosas avoas, e para implicar a toda a comunidade educa...