30 outubro 2022

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Boas rapazada:

Como vai todo?

Como xa sabedes, o pasado luns 24 de outubro foi o día das bibliotecas escolares e nós celebrámolo cunha sesión de maxia para todo o alumnado, a cargo do Mago David, que nos fixo unha sesión de maxia adaptada ao noso PDI. 

Tivemos tres quendas, a primeira para o alumnado de infantil, a segunda de 1º ata 3º de primaria e a restante de 4º ata 6º. Todos os pases comezaron cun vídeo para relacionar a actividade co noso PDI: SOStendo ao planeta,e de seguido dividiu a súa actuación en catro bloques,

1º BLOQUE: ECOLOXÍA: A regra das 3 R ( recicla, reduce e reutiliza)

2º BLOQUE: CONTAMINACIÓN DOS MARES E OCEÁNOS. Contaminación e as consecuencias.

3º BLOQUE: CAMBIO CLIMÁTICO.Aumento da temperatura no planeta e causa do efecto invernadoiro.

4º BLOQUE:SUSTENTABILIDADE DO PLANETA.

Cómpre contarvos que eu tiven a sorte de asistir persoalmente ao espectáculo e que me gustou moitísimo, xa que foi moi interesante e adecuado ao noso PDI.

Aquí vos deixo as imaxes para que vexades o ben que o pasamos.




O LIBEÁLBUM

 Boas rapazada:

Hoxe estou moi leda porque, como xa sabedes o día 24 foi o Día das Bibliotecas Escolares, e tamén o meu primeiro aniversario. E para celebralo ademais de traer o espectáculo de maxia co Mago David,dinvos a todos /as un álbum de cromos como agasallo.

Esta actividade faise para facer unha formación de usuarios e que todo o alumnado se familiarice coa nosa CDU.

Aquí vos deixo unhas imaxes do álbum e unhas pautas para entender ben esta actividade.




E xa sabedes para calquera cousa...Libeteca sempre na biblioteca!

23 outubro 2022

ACTIVIDADES DERRADEIRA SEMANA DE OUTUBRO.

 Boas rapazada:

Que tal vai todo?

Esta semana traio moitas novidades, xa que temos unha morea de cousiñas. 

Por unha banda o luns día 24 de Outubro é o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, e imos celebralo cunha sesión de maxia para todo o alumnado do centro a cargo do Mago David e que estará vencellado ao PDI deste curso, que como xa sabedes é SOStendo ao planeta. 

E ademais contarvos que é o meu primeiro aniversario, e que estou moi leda de celebralo con todos vós, e para celebralo vouvos facer un agasallo a todos, a ver se vos




Ademais achegase a época máis terrorífica do ano, O SAMAÍN, e para isto imos realizar dúas actividades, por unha banda para o alumnado de infantil que terán unha sesión cun contacontos que chamaremos CONTOS ÁS ESCURAS, e que realizaremos o xoves día 27, tal e como se indica no seguinte cartace.




 E para rematar, o alumnado de primaria terá unha SESIÓN DE CINE TERRORÍFICO e para isto terán lugar dous pases no salón de actos, por unha banda o alumnado de 1º ata 3º que verán Casper , e por outra o alumnado de 4º ata 6º que verán Os Gremlins.  

Eu xa lle din ás vosas titoras/es unha entrada que teredes que levar o día da sesión do cine e que debedes entregar na porta, pero debedes conseguir un mínimo de tres perforacións para poder gozar do filme.



Agardo vervos a todos en todas as actividades e xa sabedes... para calquera cousiña Libeteca sempre na biblioteca.




19 outubro 2022

SAMAÍN


Boas rapazada:
Como xa sabedes está a piques de chegar a data máis terrorífica do ano, o SAMAÍN e este curso imos levar a cabo varias actividades. 
Por unha banda imos continuar coa reciclaxe e aproveitar a roupa que teñamos na casa para vir todos vestidos de zombies, eu xa teño o meu traxe, que vos deixo aquí para darvos ideas.


Ademais da caracterización, tamén imos realizar dúas actividades, por unha banda para o ALUMNADO DE INFANTIL que vai ter unha sesión de  CONTOS ÁS ESCURAS, no cal acudirán por quendas á biblioteca para desfrutar do espectáculo. 

Por outra parte o ALUMNADO DE PRIMARIA, vai ter unha sesión de CINE TERRORÍFICA, no salón de actos, por unha banda o alumnado de 1º ata 3º irán para ver Casper e por outra de 4º ata 6º verán as Bruxas, pero... atención porque para poder ir tedes que conseguir as seguintes entradas que lles din aos vosos titores/as:






 Queredes saber o que tedes que facer para conseguir a vosa entrada? os vosos mestres daránvos a entrada e teredes que conseguir un mínimo de tres perforacións da mesma para poder entrar, xa que teremos na porta un porteiro moi especial que vos pedirá o pase. Para poder acadar as perforacións teredes que ter un bo comportamento e traballar arreo.

Moito ánimo e estou segura de que vos vou ver a todos e todas na sesión de cine terrorífica .
Saúdos 
Libeteca

XOGOS TRADICIONAIS ADAPTADOS AO NOS PDI

Boas rapazada:
Como xa sabedes estamos a realizar un PDI que chamamos SOStendo ao planeta e dende a área de plástica na aula de 4ºB fixeron unha adaptación do xogo da oca, pero adaptandoo á temática, 
Aquí vos deixo as fotografías do taboleiro para que poidades ver o ben que está e sobre todo para que aprendades a frase deste xogo : DE LIBETECA A LIBETECA E TIRO PORQUE ME PETA!!
Agardo vervos a xogar moito con el na nosa biblio. 
Saúdos 
Libeteca




 

09 outubro 2022

SAÍDAS DO INICIO DO PDI

 Boas rapazada:

Como xa sabedes, este curso imos facer un PDI que se vai chamar SOStendo ao planeta, que vai versar sobre a sostenibilidade do planeta, imos traballar ao longo de todo o curso e para comezar e achegar ao alumnado a esta temàtica fixemos varias saídas.

E para que vexades a onde fomos, e o ben que o pasamos deixovos aquí un video resumo das actividades

 Agardo que vos guste tanto coma a min.
Un saúdo, Libeteca.


02 setembro 2022

ESTAMOS NAS REDES SOCIAIS

 Boas rapazada:

Hoxe estamos de estrea, e que temos nova canle de Instagram, onde se decidides seguirnos ides compartir as miñas peripecias pola biblioteca, os eventos, as actividades, as libevisitas... 

Para poder seguirnos podedes facelo de dúas maneiras: 

1º Buscando "bibliolibeteca" no Instagram. 

2º Premendo no enlace que tedes na columna da vosa dereita, que vos leva directamente á nosa canle.

Agardo que vos faga tanta ilusión coma a min e que teña moreas de seguidores!!! 

Saúdiños e idevos preparando que xa estamos na conta atrás para a volta á escola !!!


Libeteca


OS NOSOS FONDOS PARA O PDI

 Boas rapazada:  Este ano preparamos un muro con fondos para traballar o PDI, aquí volo deixamos para que poidades gozar os libros durante o...