16 novembro 2022
O ALCALDE EXPLICANOS QUE É A BANDEIRA VERDE DO NOSO CONCELLO
CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º
Boas rapazada:
Hoxe veño contarvos unha actividade que tivo lugar na biblioteca co alumnado de 5º e 6º, que versou sobre a ciberseguridade e os perigos da rede.
Esta charla levouna a cabo Ramón que é un gardacivil que leva anos informando e formando á rapazada sobre estas cuestións tan importantes e que amosan tantos perigos para o noso alumnado.
Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades que atentos estivemos no evento.
GRAZAS POR ASISTIR A NOSA BIBLIOLIBETECA.
SAÚDOS
LIBETECA
CHARLA DE SUSTENTABILIDADE PARA O ALUMNADO DE 3º
Boas rapazada:
O pasado martes día 15 de novembro tivemos a sorte de contar na biblio con Miguel, o pai do alumno Antón Fernández na biblioteca que é un experto sobre sustentabilidade e enerxías renovables.
Grazas a esta charla aprenderon unha morea de cousas sobre a sustentabilidade, as enerxías renovables, os coches eléctricos, a biomasa, e sobre todo co beneficio de axudarlle ao planeta e de conseguir contaminar menos e coidar do medio ambiente.
Esta charla esta enmarcada no PDI deste curso SOStendo ao planeta e foi un auténtico pracer tanto para o alumnado coma para o profesorado xa que aprendemos moreas de cousas e a rapazada amosouse moi interesada facendo numerosas preguntas e comentando as súas experiencias.
Moitas grazas Miguel, por asistir á nosa biblio para ensinarnos tantas cousiñas sobre as enerxías renovables e a sustentabilidade!!
NOVA VIDA PARA OS LIBROS DO EXPURGO
Boas rapazada:
Como xa sabedes nos cursos anteriores fixemos un grande expurgo de libros, é dicir que quitamos libros que nos valían para estar na nosa biblio, ben por que xa tivesen moitos anos, porque non estivesen actualizados, porque non se adaptasen as vosas idades...
E agora queremos darlles unha nova vida, levando a cabo dúas iniciativas.
Por unha banda o equipo de biblioteca preparou unha cesta chea de libros para que poidades levar de maneira totalmente gratuíta calquera membro da comunidade educativa, e que podedes atopar na entrada principal do cole.
O único que tedes que facer é pasar polo cole e levar un libro e despois desfrutar do pracer da lectura nos vosos fogares.
Aquí vos deixo a foto da cesta cos libros que temos estes días, pero apurade que voan!!!
E a outra iniciativa cos libros do expurgo tedes que permanecer atentos ao blogue e ao noso Instagram porque nos vindeiros días imos contárvola!!
E xa sabedes para calquera cousa Libeteca sempre na biblioteca!!
A XANELA
Boas rapazada:
Hoxe quérovos presentar A XANELA,esto é un muro que atoparedes na entrada da Bibliolibeteca e na que imos poñervos unha escolma de libros sobre diferentes temáticas, nesta ocasión temos libros sobre O OUTONO pero imos ir cambiandos nos vindeiros días.
Sodes capaces de adiviñar cal será a nova temática da nosa xanela?
Temos que agradecerlle á familia de Andrea e Carolina Corujo por axudarnos a facer da Xanela unha realidade e por pasar o seu tempo mellorando a nosa biblio.
Moitas grazas familia!!
Saúdos
Libeteca
30 outubro 2022
CHEGOU O SAMAÍN
Boas rapazada:
Como xa sabedes o pasado venres celebramos a festa máis terrorífica na escola, O SAMAÍN!!
Nesta ocasión fixemos dúas actividades por unha banda para o alumnado de infantil tivemos OS CONTOS ÁS ESCURAS que foron todo un éxito, tal e como podedes ver nas seguintes imaxes:
E para o alumnado de primaria fixemos unha sesión de CINE TERRORÍFICO, por unha banda para o alumnado de 1º a 3º que viron Casper, e por outra para o alumnado de 4º a 6º que viron The Witches, que é unha versión do libro " As bruxas " de Roald Dahl.
Para poder acudir tiñamos que conseguir unha entrada, que tiña cinco ocos para perforar e para poder entrar necesitabamos ter un mínimo de tres.
Esta actividade fixémola no salón de actos e na porta estaba eu, Libeteca, para comprobar que estaba todo correcto.
Para que poidades ser participes desta actividade deixovos aquí unha escolma de fotografías:
24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Boas rapazada:
Como vai todo?
Como xa sabedes, o pasado luns 24 de outubro foi o día das bibliotecas escolares e nós celebrámolo cunha sesión de maxia para todo o alumnado, a cargo do Mago David, que nos fixo unha sesión de maxia adaptada ao noso PDI.
Tivemos tres quendas, a primeira para o alumnado de infantil, a segunda de 1º ata 3º de primaria e a restante de 4º ata 6º. Todos os pases comezaron cun vídeo para relacionar a actividade co noso PDI: SOStendo ao planeta,e de seguido dividiu a súa actuación en catro bloques,
1º BLOQUE: ECOLOXÍA: A regra das 3 R ( recicla, reduce e reutiliza)
2º BLOQUE: CONTAMINACIÓN DOS MARES E OCEÁNOS. Contaminación e as consecuencias.
3º BLOQUE: CAMBIO CLIMÁTICO.Aumento da temperatura no planeta e causa do efecto invernadoiro.
4º BLOQUE:SUSTENTABILIDADE DO PLANETA.
Cómpre contarvos que eu tiven a sorte de asistir persoalmente ao espectáculo e que me gustou moitísimo, xa que foi moi interesante e adecuado ao noso PDI.
Aquí vos deixo as imaxes para que vexades o ben que o pasamos.
OS NOSOS FONDOS PARA O PDI
Boas rapazada: Este ano preparamos un muro con fondos para traballar o PDI, aquí volo deixamos para que poidades gozar os libros durante o...
-
Boas rapazada: O pasado venres día 21 de novembro tivemos unha actividade ao abeiro do noso PDI Persoas con capacidades diferentes. Consist...

























