Hoxe estou moi leda porque o pasado sábado 15 de novembro estiveron presentándome nas Xornadas de Bibliotecas Escolares en Santiago. Chamáronnos para falar do noso proxecto do curso pasado Inventos e descubrimentos ao longo da historia.
Dende aquí deíxovos a presentación para que poidades ver o que contamos e tamén queria dar as grazas a Asesoría por chamarnos e dar visibilidade ao noso traballo!!
Como vai todo? Como xa sabedes o pasado venres, o día 24 de outubro foi o día das biblbiotecas escolares, e para celebralo preparamos dúas actividades, por unha banda o venres tivemos na nosa escola, concretamente no salón de actos, a Adrián Vigo un cantante neurodiverxente, que veu amosarlle ao noso alumnado que as dificultades non son un impedimento para realizar os teus soños.
Por outra banda, o luns contamos na nosa escola con Marisol Bravos, unha mestra xubilada que está en cadeira de rodas por mor da poliomielite, e que ven facer un contacontos para o alumnado de infantil, e de 1º ata 3º, e o alumnado restante irán ter un encontro con ela e escoitarlle os obstáculos que tivo ao longo da súa vida.
Aqui vos deixo o vídeo resumo das actuacións que se levaron a cabo por parte de Adrián e de David, o seu pianista, e de Marisol Bravos no salón de actos da nosa escola.
Moitas grazas a todos por participar das nosas actividades para celebrar o día das Bibliotecas, e para dar comezo ao noso PDI Persoas con capacidades diferentes, e sobre todo moitas grazas a Adrián, David e Marisol por colaborar con nós de maneira altruista.
Estos primeiros días de setembro a nosa biblio ten as portas pechadas, pero...estamos empezando a recibir ao profesorado novo para que descubra a organización e o funcionamento da nosa biblioteca.
Aquí vos deixo a presentación que empregamos para vos sexa de utilidade se tedes algunha dúbida para facer os empréstitos e as devolucións.
Aquí vos deixo unha fotiño para que vexades o atentos/as que estiveron os nosos mestres/as.
E xa sabedes para calquera cousiña... Libeteca sempre na biblioteca!!
Como vai todo? Xa estou aqui, coma cada ano, este curso xa estamos argallando cousiñas para o noso PDI: Persoas con capacidades diferentes, así que estade atentos ás nosas redes nos vindeiros días.
Agora para ir abrindo boca vouvos deixar aquí o noso horario deste curso.