Páxinas
24 novembro 2025
PLEA PLAN DE LECTURA, ESCRITURA E ACCESO Á INFORMACIÓN
Boas !
Durante este curso temos que realizar un novo documento de centro que se chama PLEA, plan de lectura, escritura e acceso á información e para isto precisamos a vosa colaboración.
Temos que facer uns test para saber cal é o noso punto de partida en estes tres aspectos:
-Lectura
- Escritura
- Acceso á información
E precisamos facelo a tres bandas, por un lado o profesorado, por outro o alumnado e o restante son as familias.
Aquí vos deixo tres lapelas, unha para cada un de vos onde atoparedes os tres test que debedes cubrir, é moi importante que sexades sinceros/as para saber de onde partimos e ata onde queremos e podemos chegar co desenvolvemento deste plan nos vindeiros catro anos.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.
23 novembro 2025
PARTIDO SPECIAL OLYMPICS
Boas rapazada:
O pasado venres día 21 de novembro tivemos unha actividade ao abeiro do noso PDI Persoas con capacidades diferentes. Consistíu nun partido de baloncesto de Special Olimpics, onde tivemos a sorte de contar coa Fundación San Vicente de Paúl que veu xogar co noso alumnado de 5º de primaria.
Foi unha experiencia estupenda tal é como podedes ver no vídeo que vos deixo de seguido:
Moitas grazas a todos e todas as xogadoras por participar e a todos os espectadores /as por animar e vivir este partido dunha maneira exemplar.
17 novembro 2025
Xornada de bibliotecas escolares
Boas rapazada:
Hoxe estou moi leda porque o pasado sábado 15 de novembro estiveron presentándome nas Xornadas de Bibliotecas Escolares en Santiago. Chamáronnos para falar do noso proxecto do curso pasado Inventos e descubrimentos ao longo da historia.
Dende aquí deíxovos a presentación para que poidades ver o que contamos e tamén queria dar as grazas a Asesoría por chamarnos e dar visibilidade ao noso traballo!!
26 outubro 2025
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Boas rapazada:
Como vai todo? Como xa sabedes o pasado venres, o día 24 de outubro foi o día das biblbiotecas escolares, e para celebralo preparamos dúas actividades, por unha banda o venres tivemos na nosa escola, concretamente no salón de actos, a Adrián Vigo un cantante neurodiverxente, que veu amosarlle ao noso alumnado que as dificultades non son un impedimento para realizar os teus soños.
Por outra banda, o luns contamos na nosa escola con Marisol Bravos, unha mestra xubilada que está en cadeira de rodas por mor da poliomielite, e que ven facer un contacontos para o alumnado de infantil, e de 1º ata 3º, e o alumnado restante irán ter un encontro con ela e escoitarlle os obstáculos que tivo ao longo da súa vida.
Aqui vos deixo o vídeo resumo das actuacións que se levaron a cabo por parte de Adrián e de David, o seu pianista, e de Marisol Bravos no salón de actos da nosa escola.
CONCURSO EN FAMILIA : CON QUE XOGUETES XOGABAN AS NOSAS AVOAS ?
Boas rapazada: Como xa sabedes este ano estamos comezando co noso PDI : O tempo das nosas avoas, e para implicar a toda a comunidade educa...
-
Boas rapazada: O pasado venres día 21 de novembro tivemos unha actividade ao abeiro do noso PDI Persoas con capacidades diferentes. Consist...
-
Boas rapazada: Aquí vos deixo un vídeo con todos os carteis participantes do concurso en familia para deseñar o cartel da nosa feira. Sere...
-
Boas rapazada: Como xa sabedes, cada curso celebramos dende a biblio unha data relacionada co PDI que estamos a levar a cabo, porén este ano...

