Esta semana tivemos a sorte de contar co Apalpador na nosa escola, que foi visitando cada unha das nosas aulas. Para que vexades o ben que o pasamos deixovos aquí un vídeo.
Aquí vos deixo un vídeo resumo do que deu de sí este primeiro trimestre, xa sabedes que estivemos traballando arreo, e foi moi difícil condensar todo en tan pouco tempo.
Agardo que vos guste tanto coma a min. Parabéns por este trimestre e ímos a polo seguinte!!!
Como xa sabedes, o día 3 de decembro é o Día Internacional das Capacidades Múltiples e para continuar traballando a educación inclusiva levamos a cabo numerosas actividades que podedes ver de seguido na seguinte reportaxe.
Dentro do Proxecto Documental Integrado ALIMENT-ARTE, o CEIP Laverde Ruíz participamos no calendario artístico e solidario en beneficio da Asociación Galega da Enfermidade de Dent.
O noso centro deseñou o mes de decembro deste calendario. O prezo é de 5€, destinado 100% a esta doenza minoritaria.
Está dispoñible no cole. Podedes:
- Enviar os cartos a través do voso fillo/a e ese día xa leva o calendario.
- Presencialmente na aula de Audición e Linguaxe na planta baixa.