11 xaneiro 2023

REMODELACIÓN DA BIBLIOTECA

 Boas rapazada:

Hoxe estou moi leda, posto que estamos de inauguración na nosa Biblio, xa que tivemos a sorte de contar tanto con Finsa coma con Xescován para poder montar o chan novo na biblioteca.

Estamos todos moi agradecidos por poder facer realidade o novo chan e para que vexades cal foi o cambio aquí vos deixo un pequeniño vídeo onde amosa o gran cambio.

Agardo que vos guste tanto coma a min e que todo o alumnado goce moito desta remodelación.

Saúdos, Libeteca.



31 decembro 2022

OBRADOIROS DE NADAL

 Boas rapazada:

Como vai todo? Como xa sabedes na derradeira semana de cole realizamos un obradoiro de Nadal, e como tiñamos a biblio en obras realizámolo  por todas as aulas, e consistíu en realizar diferentes manualidades con todos e cada un dos cursos, tal e como podedes ver no seguinte vídeo.


Ademais desta iniciativa, tal e como podedes ver na nosa canle de Instagram, estamos a levara cabo a iniciativa dos LIBROQUILOS que consiste en intercambiar libros dos expurgados por quilos de comida que posteriormente entregaremos aos servizos sociais do concello, para entregarlle ás familias que o precisen da nosa contorna.



23 decembro 2022

CONTO DE NADAL EN INGLÉS

 Boas rapazada:

Hoxe traiovos un conto de Nadal que fixo a rapazada de 6ºA coa profe Sonia de inglés. Agardo que vos guste tanto coma a min.

Un saúdo e moitas grazas por este traballiño!!

Libeteca


02 decembro 2022

3 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

 Boas rapazada: 

Como xa sabedes o vindeiro sábado é o día da discapacidade, que é a capacidade extraordinaria de ser capaz.

Aquí vos deixo un Genially con moita información sobre as diferentes discapacidades e con varias actividades e retos para que poidades aprender moitas cousiñas. 

Agardo que vos guste e vos divirta tanto coma a min!!

E xa sabedes para calquera cousiña... Libeteca sempre na Biblioteca.

28 novembro 2022

25 N

 Ola rapazada:

Como xa sabedes o pasado venres foi o día 25 de novembro que è o Día Internacional contra a Violencia de Xènero, e nòs traballàmolo en cada unha das aulas elaborando un paraugas de cor violeta contra a violencia de xènero que posteriormente pasaron a formar parte do seguinte tendal.





Ademais deixovos aquí unha recomendación literaria para abordar este tema da violencia de xènero coa rapazada.



E XA SABEDES RAPAZADA QUE NESTA BIBLIOTECA DICIMOS NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!!


A CONTACONTOS ALBA VEU A NOSA BIBLIO

 Ola rapazada:

O pasado día 17 tivemos a sorte de contar na nosa biblio coa mestra Alba que veu contar un conto para o alumnado de tres anos, e que foi adaptado ao noso PDI SOStendo ao planeta.

Aquí vos deixo unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos.












MOITAS GRAZAS POR VIR ALBA!!!
SAÚDOS
LIBETECA


16 novembro 2022

O ALCALDE EXPLICANOS QUE É A BANDEIRA VERDE DO NOSO CONCELLO

Boas rapazada: 
Onte veu o alcalde ata a nosa escola e aproveitamos a visita para que lle explicase ao alumnado de 4ºB en que consiste a distinción coa bandeira verde que ten o noso Concello.
 Durante a Primavera imos levar a cabo actividades en conxunto para traballar de cara a sustentabilidade do planeta, pero comezando polo máis próximo que é a nosa contorna. 
Aquí vos deixo unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos co Alcalde.


Grazas pola visita. 
Un saúdo 
Libeteca

OS NOSOS FONDOS PARA O PDI

 Boas rapazada:  Este ano preparamos un muro con fondos para traballar o PDI, aquí volo deixamos para que poidades gozar os libros durante o...