24 maio 2026

ENQUISA DE AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO

 Boas rapazada:

Aquí vos deixo a enquisa para que o alumnado do centro valore a Bibliolibeteca e que dea a súa opinión, para que entre todos e todas escollamos o tema do vindeiro PDI.


ENQUISA DE AVALIACIÓN PARA AS FAMILIAS

 Boas rapazada:

Aquí vos deixo a enquisa de avaliación sobre Bibliolibeteca, para coñecer a opión das familias e para que, entre todos e todas, escollamos o vindeiro tema do PDI  para o curso seguinte.


ENQUISA DE AVALIACIÓN PARA O PROFESORADO

 Boas rapazada: 

Aquí vos deixo a enquisa de avaliación sobre Bibliolibeteca para coñecer as vosas opinións e que, entre todos e todas, escollamos o tema para o seguinte PDI.



18 maio 2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

 Boas rapazada:

Como xa sabedes estamos a ultimar os detalliños deste curso dende bibliolibeteca xa vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o verán, para que as vaiades vendo con tempo e que así poidades gozar do placer da lectura.


16 maio 2026

JUDY SCOTT

 Boas rapazada:

Como xa sabedes levamos traballando arreo no noso PDI: Persoas con capacidades diferentes e nesta ocasión preparamos unha presentación para que coñezades a Judi Scott,  (1943–2005) foi unha recoñecida escultora estadounidense de arte téxtil que alcanzou fama mundial dentro do movemento de arte marxinal (Art Brut). Nada con síndrome de Down e unha xordeira profunda que non foi diagnosticada a tempo, pasou 36 anos da súa vida illada e internada nun hospital psiquiátrico despois de ser declarada "ineducable". A súa vida cambiou radicalmente cando a súa irmá xemelga, Joyce Scott, asumiu a súa tutela legal en 1985 e levouna a vivir a California.

Alí, Judith foi inscrita no Creative Growth Art Center de Oakland, un centro que apoia a persoas con dificultades de desenvolvemento a través da expresión artística. Foi neste taller onde descubriu a súa vocación espontánea e comezou a crear complexas e impactantes esculturas abstractas.

 Na vindeira xornada de portas abertas temos preparado un obradoiro para que todos e todas nos poñamos na pel de Judy e intentemos facer esculturas semellantes ás súas. Atrevédesvos?




E xa sabedes para calquera cousa Libeteca... sempre na biblioteca!!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 Boas rapazada:

Como xa sabedes o vindeiro martes día 19 de maio teremos unha das  actividades máis esperadas de todo o curso, xa que terá lugar a nosa Xornada de Portas Abertas, na cal o alumnado de 6º de primaria, que estivo sendo Gardabiblio vos presentará o traballo realizado ao longo de todo o curso. 

Aquí vos deixo un vídeo resumo do traballo que levamos realizado ata o de agora, e aínda queda o máis esperado ensinárvolo!!!!




Xornada Portas Abertas 2025-2026 de SONIA LAMAS VAZQUEZ

LETRAS GALEGAS 2026

 Boas rapazada:

Como xa sabedes este curso as Letras Galegas adícanselle a Begoña Caamaño (Vigo, 14 de outubro de 1964 - Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014) foi unha salientable xornalista, escritora, feminista e activista política galega. E dende o Equipo de dinamización da Lingua galega prepararon uns xogos, uns vídeos e uns agasallos que estiveron á disposición de todo o alumnado do centro durante toda a semana na biblioteca, para que cada grupo, na hora que ten asignada fose co seu titor/a e aprendese dun modo lúdico sobre a figura homenaxeada. 

Para por o colofón final, dende este equipo de Dinamización e ao abeiro do noso PDI: Persoas con capacidades diferentes, fixemos unha colaboración con Aspnais e preparararon uns bailes tradicionais, nos cales participaron diferentes membros da súa asociación e do noso alumnado. Foi unha actividade marabillosa para continuar a traballar a inclusión e a integración de todas as persoas que forman a nosa sociedade.

Moitas grazas tanto ao equipo de Dinamización pola súa implicación no PDI deste curso, coma a Aspnais por colaborar activamente neste proxecto tantas veces como llo solicitamos.


Saúdos, Libeteca

CONCURSO EN FAMILIA : CON QUE XOGUETES XOGABAN AS NOSAS AVOAS ?

 Boas rapazada:  Como xa sabedes este ano estamos comezando co noso PDI : O tempo das nosas avoas, e para implicar a toda a comunidade educa...