16 febreiro 2022

JOSEBA MURUZABAL NA ESCOLA

Boas rapazada: 

Hoxe estou moi leda porque tivemos o pracer de ter na nosa escola a un grande artísta, un muralista que potencia ás mulleres, máis concretamente ás mulleres rurais. Facéndolles uns murais de grandes dimensións  que se poden observar ao longo da xeografía española.

A rapazada gozou moitisimo da xuntanza, xa que primeiro Yoseba puxo un vídeo onde explica o seu traballo, e posteriormente chegou o momento de facer preguntas e o alumnado de 4º, 5º e 6º, participou dun xeito moi activo. 

E xa para rematar o encontro fixémoslle un agasallo, un libriño agradecendo a súa visita e para que vexades o ben que o pasamos  deíxovos aquí as fotografías da xornada. 

Moitas grazas pola túa visita Yoseba e xa estamos desexando que volvas!!!






E xa sabedes para calquera cousa Libeteca...sempre na Biblioteca!!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

OBRADOIRO DE TEATRO CON PALOMA LUJILDE

Boas rapazada: Hoxe teño que desculparme convosco, creo que me vou facendo maior e me vai fallando a memoria, xa que agora estaba repasando ...