25 marzo 2022

PRIMAVERA NO LAVERDE

 Boas rapazada:

Como xa sabedes esta semana estreamos unha nova estación, a primavera! E nesta época énchese todo de vida, florecen  os campos e enchensen de flores e de cores. E para eso as miñas axudantes prepararon unha mesa temática cuns libros moi interesantees que subirei nos próximos días xa que ainda está sen rematar.

Pero o que vos quero amosar hoxe éun bambán que pendura no corredor da escola. 



Sacamos a idea dun escaparate da libraría Brétema de San Sadurniño onde o autor Jordi Cicely presenta o seu libro para adultos “Mariela envenena mis sueños” tivemos a sorte de poder facerlle chegar a foto do noso bambán e el fíxose eco da nova. Estamos moi agradecidas polas túas verbas!!! Moitas grazas, e se algún día de decantas por escribir libros para a rapazada xa sabes onde te estaremos agardando!!!

Aquí vos deixamos as súas verbas, para que o comprobedes de primeira man.


Hoxe tivemos a sorte de comprobar que o escritor Jordi Cicely colgou o noso bambàn nas súas redes sociais, aquí vos deixo a imaxe para que poidades comprobar as verbas tan fermosas que nos adican.



Grazas por todo Jordi, saúdos de Libeteca

1 comentario:

  1. Ai, Libeteca... e iso que cando te visitei, hai uns días, ti non sabías que Brétema é agora mesmo a miña libraría de cabeceira!
    Moito me gustan estas lindas cadradas!

    ResponderEliminar

CONCURSO EN FAMILIA: BOOKFACE, CREAR ARTE COAS CARÁTULAS DOS LIBROS.

 Boas rapazada: Como xa sabedes este ano, para celebrar o día do Libro, no noso concurso en familia imos facer un BOOKFACE.  Nesta lapela vo...