Boas rapazada:
Como xa sabedes esta semana estreamos unha nova estación, a primavera! E nesta época énchese todo de vida, florecen os campos e enchensen de flores e de cores. E para eso as miñas axudantes prepararon unha mesa temática cuns libros moi interesantees que subirei nos próximos días xa que ainda está sen rematar.
Pero o que vos quero amosar hoxe éun bambán que pendura no corredor da escola.
Sacamos a idea dun escaparate da libraría Brétema de San Sadurniño onde o autor Jordi Cicely presenta o seu libro para adultos “Mariela envenena mis sueños” tivemos a sorte de poder facerlle chegar a foto do noso bambán e el fíxose eco da nova. Estamos moi agradecidas polas túas verbas!!! Moitas grazas, e se algún día de decantas por escribir libros para a rapazada xa sabes onde te estaremos agardando!!!
Aquí vos deixamos as súas verbas, para que o comprobedes de primeira man.
Hoxe tivemos a sorte de comprobar que o escritor Jordi Cicely colgou o noso bambàn nas súas redes sociais, aquí vos deixo a imaxe para que poidades comprobar as verbas tan fermosas que nos adican.
Grazas por todo Jordi, saúdos de Libeteca
Ai, Libeteca... e iso que cando te visitei, hai uns días, ti non sabías que Brétema é agora mesmo a miña libraría de cabeceira!
ResponderEliminarMoito me gustan estas lindas cadradas!